Nicholas John Collison, nado o 26 de outubro de 1980 en Orange City, Iowa, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou os 14 anos da súa etapa profesional para a franquía dos Seattle SuperSonics/Oklahoma City Thunder.

Traxectoria deportiva NBA Collison foi seleccionado polos Seattle SuperSonics na 12ª posición do Draft da NBA de 2003, pero perdeuse a tempada 2003-04 debido ás lesións. Fixo o seu debut na tempada regular o 3 de novembro de 2004 contra os Los Angeles Clippers, anotando 3 puntos na derrota por 114-84. Seguiu xogando no equipo tras o traslado deste a Oklahoma City, para converterse nos Oklahoma City Thunder. Kevin Durant e Collison son os dous únicos xogadores que quedaron da etapa dos Seattle SuperSonics.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil na Universidade de Kansas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder