O distrito de Kween é un distrito da Rexión Leste de Uganda. A poboación capital atópase en Binyiny, unha das dúas municipalidades do distrito.
Limita co distrito de Nakapiripirit polo norte, co distrito de Amudat polo nordeste, co distrito de Bukwa polo leste, coa República de Kenya polo sur, co distrito de Kapchorwa polo oeste e co distrito de Bulambuli polo noroeste.
O distrito comezou a funcionar como tal o 1 de xullo de 2010,Kween District Established In 2010 anteriormente formaba parte do distrito de Kapchorwa. Conxuntamente co Distrito Kapchorwa e co distrito de Bukwa, forma parte da subrexión Sebei. Atópase ao norte do Monte Elgon, a unha altitude media de 1.900 msnm.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 67 171 habitantes.
Está cruzado pola autoestrada Mbale-Moroto na súa zona oeste, con dirección norte-sur.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Electoral Constituencies of Kween District
Kween