Baixa CaliforniaForma empregada na Enciclopedia Galega Universal. é un dos 31 estados que xunto co Distrito Federal conforman as 32 entidades federativas de México. É o estado máis setentrional do México. Fai fronteira co estado norteamericano de California, ao leste co estado mexicano de Sonora e co mar de Cortez, ao sur co estado mexicano de Baixa California Sur, e a oeste co océano Pacífico. No ano 2010 tiña unha poboación de máis de tres millóns de habitantes. A capital do Estado é a cidade de Mexicali.

Cidades importantes son Tijuana e Ensenada, ademais da capital, como tamén outras: Tecate, Playas de Rosarito, San Felipe, San Quintín, Ciudad Guadalupe Victoria, Ciudad Morelos, Los Algodones e La Rumorosa.

Notas

Categoría:Estado de Baixa California