La Democracia foi un periódico editado en Ferrol entre 1886 e 1896. Historia e características Subtitulado Órgano del Partido Republicano, apareceu o 1 de xuño de 1886.El Correo Gallego, 2-6-1886, p. 1.Diario de Avisos de La Coruña, 4-6-1886, p. 2. Despois cambiou o seu subtítulo por Diario de la mañana e en 1889 por Periódico de la mañana. Fundado por Francisco Suárez García, o seu primeiro director foi José Castro Labrada,El Siglo, 22-5-1886, p. 2.El Correo Gallego, 16-10-1886, p. 2. e entre os ses redactores figurou Marcial Rogado ata outubro de 1886.El Correo Gallego, 6-11-1886, p. 2. Como portavoz da clase obreira sostivo polémicas con El Correo Gallego e La Monarquía. Logo da dimisión de José Castro Labrada o 17 de abril de 1889, fíxose cargo da dirección o propietario Francisco Suárez García.La Monarquía, 20-4-1889, p. 3. Cesou a súa publicación o 30 de maio de 1896.El Correo Gallego, 31-5-1896, p. 2. Deixou de publicarse polo fraccionamento dos republicanos que deu lugar á penetración das ideas socialistas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1886 en Galicia Categoría:Prensa republicana