Sir Douglas Ralph "Doug" Nicholls KCVO, OBE, nado na Reserva Cummeragunja o 9 de decembro de 1906 e finado en Mooroopna o 4 de xuño de 1988, foi un político aborixe australiano do pobo Yorta Yorta.

Traxectoria

Tamén foi un atleta profesional, pastor relixioso e un pioneiro loitador a prol da reconciliación entre os indíxenas de Australia e o goberno. Nicholls foi o primeiro aborixe en ser galardoado coa Orde do Imperio Británico e o primeiro tamén en ser gobernador de Australia Meridional, cargo ó que tivo que renunciar por motivos de saúde en 1977.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biography of Sir Douglas Nicholls (Pastor) Biography of Douglas Nicholls at Darebin Ethnic Communities Council site ABC Mission Voices – Cummeragunja. Koorie Heritage Trust A giant of the game

Categoría:Políticos de Australia Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Finados en 1988 Categoría:Pastores protestantes de Australia