A S-adenosil metionina PubChem compoundChemSpider, abreviada como SAM, SAMe ou SAM-e, que tamén pode aparecer escrita na literatura como S-adenosilmetionina, S-adenosil-L-metionina ou S-adenosil-metionina, é un co-substrato ou coencima común que intervén na transferencia de grupos metilo. A SAM foi descuberta en Italia por G. L. Cantoni en 1952. Orixínase a partir de adenosina trifosfato (ATP) e metionina, que se unen pola acción do encima metionina adenosiltransferase (), de modo que se perden os fosfatos e a adenosina queda unida á metionina. As rutas metabólicas que utilizan a SAM son as que requiren transmetilación, trans-sulfuración ou aminopropilación. Aínda que estas reaccións anabólicas ocorran en todo o corpo, a maioría da SAM é producida e consumida no fígado.
O grupo metilo (CH3) unido ao átomo de xofre da metionina na SAM é quimicamente reactivo. Isto permite a doazón deste grupo a un aceptor de substrato nas reaccións de transmetilación. Máis de 40 reaccións metabólicas implican a transferencia dun grupo metilo desde a SAM a varios substratos tales como ácidos nucleicos, proteínas e lípidos.
Nas bacterias, a SAM lígase ao riboswitch SAM (un ribointerruptor), que regula os xenes involucrados na biosíntese de metionina ou cisteína.
Bioquímica da S-adenosil metionina Síntese e funcionamento A S-adenosil metionina sintetízase cando a metionina reacciona co ATP na seguinte reacción catalizada pola metionina adenosil transferase: L-Metionina + ATP → S-adenosil metionina + PPi + Pi Deste modo a adenosina queda unida á metionina polo seu átomo de xofre, e o grupo metilo final da metionina queda colgando do xofre. Nesta forma dito grupo metilo é moi reactivo e pode cederse facilmente a outras moléculas nas reaccións encimáticas, segundo reaccións como esta: S-Adenosil metionina + molécula aceptora do metilo → S-adenosil homocisteína + molécula aceptora metilada Ao perder o seu grupo metilo, a S-adenosil metionina convértese en S-adenosil homocisteína.
O ciclo da SAM As reaccións que producen, consomen e rexeneran SAM denomínanse ciclo da SAM. Na primeira parte deste ciclo, as metilases dependentes de SAM (EC 2.1.1), utilizan a SAM como substrato e producen S-adenosil homocisteína como produto. PMID 10762063 O produto desta reacción é hidrolizado a homocisteína e adenosina por medio da S-adenosilhomocisteína hidrolase EC 3.3.1.1 , e a homocisteína é reciclada de novo a metionina pola transferencia dun grupo metilo desde o 5-metiltetrahidrofolato, por unha das dúas clases de metionina sintases (EC 2.1.1.13 o EC 2.1.1.14 ). Esta metionina pode entón ser convertida de novo a SAM, pechándose así o ciclo. PMID 10720211
Biosíntese de poliaminas e outros compostos Outra importante función da SAM é a biosíntese de poliaminas. Nesta ruta descarboxílase pola acción da adenosilmetionina descarboxilase (EC 4.1.1.50 ) para formar S-adenosil-5'-3-metilpropilamina. Este composto doa o seu grupo n-propilamina na biosíntese de poliaminas como a espermidina e a espermina a partir da putrescina. pmid 16766004
A SAM é necesaria para o crecemento e reparación das células. Tamén colabora na biosíntese de diversas hormonas e neurotransmisores que afectan ao estado de ánimo, como a dopamina e a serotonina. As metiltransferases son tamén responsables da adición de grupos metilo aos hidroxilos 2' do primeiro e segundo nucleótidos próximos ao extremo 5' do ARN mensaxeiro. PMID 16545107 PMID 8647346
A SAM intervén na síntese do aminoácido cisteína e na conversión da fosfatidiletanolamina en fosfatidilcolina.A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 602, 618-619. ISBN 84-282-0738-0
Aplicacións terapéuticas
Nalgúns países, como EEUU a SAM véndese como suplemento nutricional que ten o nome comercial de SAM-e. A SAM tamén se comercializa como fármaco de prescrición médica aprobado en Rusia, Italia e Alemaña cos nomes de Gumbaral, Samyr, Adomet, Heptral e Admethionine. Diversas investigacións e estudos clínicos indican que a inxesta de SAM de forma regular pode axudar a combater a depresión, PMID 2183633 PMID 2113347 as enfermidades do fígado e a dor da artrose.S-Adenosyl-L-Methionine for Treatment of Depression, Osteoarthritis, and Liver Disease, Agency for Healthcare Research and Quality (Dept Health and Human Services) Todas as demais indicacións aínda non están demostradas.
Aínda que algunhas evidencias iniciais indicaban que os niveis anormalmente baixos de SAM endóxena podían desempeñar un papel importante no desenvolvemento da enfermidade de Alzheimer, investigacións posteriores indicaron indican que os efectos observados se debían probablemente ás deficiencias de vitamina B12. Nos pacientes de Alzheimer encóntranse niveis moi baixos de SAM no líquido cefalorraquídeo PMID 2292704 e en todas as rexións do cerebro. As investigacións preliminares suxiren que a SAM pode ter un potencial terapéutico no tratamento con pacientes de PMID 15989609 Alzheimer, e un estudo recente con ratos con Alzheimer mostra que os suplementos de SAM impiden o dano oxidativo e a deterioración cognitiva.
Formas orais, uso e efectos adversos
Forma oral
A forma oral de SAM-e atinxe concentracións plasmáticas máximas entre 3 e 5 horas despois da inxestión dunha tableta con cuberta entérica (400–1000 mg). A vida media é duns 100 minutos.PMID 15102339 Pode tardar ata un mes en acadar o efecto máximo no tratamento da artrose. Debido á súa inestabilidade estrutural, a SAM utilízase en forma de sales estables para o uso como medicamento oral. Os sales máis usados son: tosilato, butanodisulfonato, disulfato tosilato, disulfato ditosilato e disulfato monotosilato.
Uso
A SAM-e absórbese mellor co estómago baleiro. Os comprimidos con cuberta entérica aumentan a estabilidade e melloran a absorción. Debe almacenarse nun lugar fresco e seco.
Efectos adversos O consumo de SAM pode orixinar enfermidades gástricas, diarrea, dispepsia, ansiedade, dor de cabeza, trastornos psíquicos, insomnio, alerxias e erupcións cutáneas. Os efectos a longo prazo son descoñecidos. O SAM-e é un axente de alquilación do ADN feble que pode actuar como un carcinóxeno feble. PMID 7188181
Posibles efectos secundarios
Unha vez que a SAM-e cede o seu grupo metilo á colina, na formación de creatina, carnitina, ADN, ARNt, noradrenalina, e outros compostos, transfórmase en S-adenosil homocisteína. En circunstancias normais, a homocisteína, en presenza de vitamina B6, vitamina B12 e ácido fólico (os principais cofactores da SAM-e), ao final convértese de novo en metionina, SAM-e, ou cisteína, glutatión e outras substancias útiles. Porén, se non hai unha cantidade suficiente destas vitaminas, a SAM-e non se metaboliza de xeito correcto. Como consecuencia, non se obteñen todos os beneficios da SAM-e, e a homocisteína pode aumentar a niveis inseguros.PMID 19422296
Os niveis elevados de homocisteína asociáronse con arteriosclerose (endurecemento e estreitamento das arterias), e un maior risco de ataques cardíacos, accidentes cerebrovasculares, danos no fígado, e posiblemente enfermidade de Alzheimer. Debido a isto, adoitan tomarse xunto coa SAM-e suplementos de vitamina B. Estas vitaminas axudan a metabolizar a homocisteína.
Outro efecto secundario da SAM-e é o insomnio, polo que o suplemento adoita tomarse pola mañá. Outros informes de efectos secundarios inclúen a falta de apetito, estrinximento, náusea, sequidade de boca, suoración, e ansiedade/nerviosismo, pero en estudos controlados por placebo, estes efectos secundarios ocorren aproximadamente coa mesma incidencia que nos grupos placebo. Algúns usuarios informaron un aumento de ansiedade con só 50 mg/día.
O rango das doses terapéuticas xeralmente utilizadas sitúase desde 400mg/día ata 1600 mg/día, aínda que poden usarse doses máis altas nalgúns casos. PMID 12420702 Algúns médicos recomendan doses aínda máis baixas situadas no rango de 50 a 200 mg/día para tratar depresións pouco graves sen desencadear efectos secundarios negativos.
Síndrome serotoninérxico Existe unha preocupación sobre a síndrome serotoninérxica asociada ao SAMe en combinación con outros medicamentos.
Indución de manía Hai algúns informes sobre unha posible indución de manía asociada co SAM. PMID 2690166
Interaccións e contraindicacións A SAM reduce a resistencia á insulina. Isto pode orixinar hipoglicemia cando se usa con fármacos antidiabéticos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos S-adenosil-L-homocisteína
Ligazóns externas About.com SAM-e Resource Index at About.com list of known SAM-e drug interactions and precautions in use at University of Maryland Medical Centers
Categoría:Coencimas