O distrito de Bulambuli é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Bulambuli.
Limita co distrito de Nakapiripirit polo norte, co distrito de Kapchorwa polo leste, co distrito de Sironko polo sur e co distrito de Bukedea polo oeste.
Foi creado en 2009, e tornouse operacional o 1 de xullo de 2010. Anteriormente, o distrito formaba parte do distrito de Sironko. O territorio da zona meridional do distrito é montañoso e é propenso a enchentes.Floods Hit Bulambuli District www.allafrica.com Consultado o 5 de abril de 2012. En troques, a parte setentrional é seca e propensa a sufrir secas.Museveni Probes Bulambuli Water Projects www.newvision.co.ug Consultado o 5 de abril de 2012.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 97.300 habitantes.Censo Consultado o 5 de abril de 2012.
A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais actividades económicas do distrito.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa do distrito en maplandia.com
Bulambuli