Windradyne, nado en 1800 e finado o 21 de marzo de 1829, foi un guerreiro aborixe australiano e líder do pobo wiradjuri. Windradyne liderou ó seu pobo nas Guerras de fronteira de Australia, un movemento de resistencia dos indíxenas australianos en contra da ocupación das súas terras polos colonos británicos. Tamén foi coñecido polo nome de Saturday (sábado en galego), nome dado polos colonos. Outros nomes son Windrodine ou Windradene.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aborixes australianos

Ligazóns externas Windradyne no www.heritage.nsw.au

Categoría:Personalidades de Australia Categoría:Finados en 1829