A corticosterona ChemSpider CorticostroneCHEBI Corticosterone (CORT) ou 17-desoxicortisol PubChem compound Corticosterone é unha hormona esteroide de 21 carbonos do grupo dos corticosteroides producida no córtex adrenal.

Funcións En moitas especies, incluíndo anfibios, réptiles, roedores e aves, a corticosterona é un glicocorticoide principal, que intervén na regulación da enerxía, reaccións inmunitarias e nas respostas ao estrés.

Porén, nos humanos, a corticosterona ten unha feble actividade hormonal, e a súa importancia débese fundamentalmente a que é un intermediario na vía esteroidoxénica que vai da pregnenolona á aldosterona, e que é a seguinte: pregnenolona → proxesterona → desoxicorticosterona → corticosterona → aldosterona Nos humanos prodúcese corticosterona principalmente na zona zona fasciculada do córtex das glándulas adrenais. A corticosterona é convertida en aldosterona polo encima aldosterona sintase, que se encontra só nas mitocondrias das células da zona glomerulosa, que é a capa máis superficial do córtex adrenal.

Produción e liberación Un exemplo de vía de liberación desta hormona nos animais, concretamente nos anfibios da especie Taricha granulosa, é a exposición á luz ultravioleta B da súa pel; este estímulo parece desencadear neles a xeración interna de corticosterona.C. Michael Hogan (2008) Rough-skinned Newt (Taricha granulosa), Globaltwitcher, ed. Nicklas Stromberg

Notas

Outras imaxes

Categoría:Hormonas Categoría:Esteroides