Javier Echevarría Rodríguez, nado en Madrid o 14 de xuño de 1932 e finado en Roma o 12 de decembro de 2016,http://www.abc.es/sociedad/abci-muere-prelado-opus-monsenor-javier-echevarria-201612122259_noticia.html foi un bispo católico latino, prelado do Opus Dei dende 1994 ata a súa morte. Traxectoria Monseñor Javier foi colaborador de Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, durante máis de vinte anos e ao finar este en 1975 foi elixido Secretario Xeral desta institución. En 1994 ao finar o Monseñor Álvaro del Portillo, sucesor de Xosemaría Escrivá, foi elixido líder da Obra. O 20 de abril dese ano Xoán Paulo II nomeouno prelado do Opus Dei. O mesmo papa confiriulle o 6 de xaneiro de 1995 a ordenación episcopal, sendo os co-consagradores principais Giovanni Battista Re e Jorge María Mejía.
Foi Doutor en dereito civil e dereito canónico.
Obras Memoria del Beato Josemaría Escrivá: entrevista con Salvador Bernal, Madrid, Ediciones Rialp, 2000, 1ª, 357 pp. Itinerarios de vida cristiana, Barcelona, Planeta, 2001, 1ª, 263 pp. Para servir a la Iglesia: homilías sobre el sacerdocio (1995-1999), Madrid, Ediciones Rialp, 2001, 1ª, 252 pp. Getsemaní: en oración con Jesucristo, Barcelona, Planeta, 2005, 1ª, 272 pp. Eucaristía y vida cristiana, Madrid, Ediciones Rialp, 2005, 1ª, 245 pp. Por Cristo, con Él y en Él: escritos sobre san Josemaría, Madrid, Palabra, 2007, 1ª, 234 pp. Vivir la Santa Misa, Madrid, Ediciones Rialp, 2010, 1ª, 196 pp.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas El Prelado del Opus Dei Biografía
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Prelados do Opus Dei Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino