right|250px|Cooper Mk9 de 1956, propulsado por un motor de 1100cc JAP right|250px|Este Cooper-Climax T53 F1 estándar foi doado por Jim Hall para o IMS en 1969. Está pintado para parecerse ao Cooper-Climax T54 de Jack Brabham de 1961, o coche que comezou a revolución do motor traseiro nas 500 millas de Indianápolis. O modelo real se mostra no Museo de Automoción Marconi en Tustin, California. right|250px|Chevrolet-powered 1964 Cooper Monaco right|250px|Foto da parte traseira do Cooper T51, o primeiro coche de motor central en gañar o campionato de Fórmula 1. A Cooper Car Company foi fundada en 1946 por Charles Cooper e o seu fillo John Cooper. Xunto co amigo da infancia de John, Eric Brandon, comezaron a construción de coches de carreiras no pequeno garaxe de Charles en Surbiton, Surrey, Inglaterra en 1946. Nas décadas 1950 e 1960, chegaron aos niveis máis altos cos coches de carreiras con motor traseiro dun só asento, revolucionaron a Fórmula Un e as 500 Millas de Indianápolis, e os seus Mini Cooper dominaron os Rally. Grazas en parte ao legado de Cooper, Gran Bretaña segue sendo a base dunha próspera industria de automóbiles de carreiras, e o nome de Cooper vive nas versións Cooper, do Mini os coches de produción que se seguen construíndo en Inglaterra, pero agora de propiedade e comercializados por BMW.

Historia

Os primeiros coches construídos polos Cooper eran monoprazas de 500 cc de Fórmula 3 pilotados por John Cooper e Eric Brandon e impulsados por un motor de motocicleta JAP. Dado que inmediatamente despois da segunda guerra mundial os materiais eran escasos, os prototipos foron construídos unindo os frontais de dous Fiat Topolino. Segundo John Cooper, o golpe de xenio que faría dos Cooper unha lenda do automóbil, a localización do motor detrás do condutor, foi algo simplemente práctico. Debido a que o coche estaba propulsado por un motor de motocicleta, cría que era máis conveniente ter o motor na parte de atrás.

Este coche chamado Cooper 500, acadou éxito en subidas e en pista, incluíndo a vitoría de Eric na primeira carreira despois da guerra, no campo de aviación de Gransden Lodge, creouse unha rápida demanda por parte dos outros pilotos (incluíndo, ao longo dos anos, Stirling Moss, Peter Collins, Jim Russell, Ivor Bueb, Ken Tyrrell e Bernie Ecclestone) o que levou á creación da Cooper Car Company para construír máis. O negocio creceu xa que proporcionaban un coche de baixo custo para os mozos británicos aspirantes a piloto, e a compañía converteuse no primeiro e máis grande fabricante mundial da posguerra, especialista en fabricar coches de carreiras para a venda a pilotos privados.

Cooper construíu máis de 300 coches de F3 e dominaron a categoría, gañando 64 das 78 principais carreiras entre 1951 e 1954. Este volume de construción foi único e permitiu á compañía crecer nas categorías superiores, isto conseguiuse cun chasis modificado dun Cooper 500, o modelo T12, no que Cooper tivo a súa primeira experiencia de primeiro nivel nas carreiras cando Harry Schell clasificou para o Gran Premio de Mónaco de 1950. Aínda que Schell retirouse na primeira volta, isto marcou a primeira aparición dun coche de motor traseiro nunha carreira de Grand Prix desde o final da segunda guerra mundial.

O modelo de Fórmula 2 o Cooper Bristol con motor dianteiro foi presentado en 1952. Varias copias deste deseño foron pilotadas por unha serie de pilotos lendarios, entre eles Juan Manuel Fangio e Mike Hawthorn, e promoveron a crecente reputación da compañía ao aparecer en carreiras de Grand Prix, que nese momento corríanse baixo as regulacións da F2. Non foi ata que a empresa iniciou a construción coches con motor traseiro en 1955 que realmente decatáronse dos beneficios de ter o motor detrás do condutor. Baseándose nos coches de 500cc e cun motor Coventry Climax modificado, estes autos foron chamados "bobtail". Co centro de gravidade máis cerca do centro do coche, comprobaron que era menos propenso a facer trompos e era moito máis eficaz en trasladar a potencia ata a estrada, polo que decidiron construír unha versión monopraza e comezaron a participar nas carreiras de Fórmula 2.

Revolución do motro traseiro Jack Brabham chamou a atención cando logrou o sexto lugar no Gran Premio de Mónaco de 1957 nun Cooper de Fórmula 2 con motor traseiro. Pero cando Stirling Moss gañou o Gran Premio da Arxentina de 1958 cun Cooper privado do equipo Rob Walker e Maurice Trintignant reditou a fazaña na seguinte carreira en Mónaco, o mundo das carreiras quedou atónito e comezou a revolución do motor traseiro. Ao ano seguinte, , Brabham e o equipo de fábrica de Cooper convertéronse nos primeiros en gañar o Campionato do Mundo de Fórmula Un nun coche con motor traseiro. Tanto o equipo como o piloto repetiron a fazaña en , e todos os campións do mundo desde entón séntanse diante do seu motor.

Brabham aproveitou unha proba de Campionato en Indianápolis Motor Speedway para probar o Cooper T53 "liña baixa" en 1960, entrou na famosa carreira das 500 millas, cun coche máis grande e máis longo e compensado baseado no deseño de F1 de 1960. Ao chegar ás pistas de carreiras o 5 de maio de 1961, o pequeno e "gracioso" coche europeo foi a risa dos outros equipos, pero chegou a estar terceiro e acabou noveno. Levoulle uns cantos anos, pero gradualmente Indianápolis deuse conta de que e os días dos seus bólidos con motor dianteiro estaban contados. A partir de Jim Clark, que pilotaba un Lotus con motor traseiro en 1965, todos os gañadores das 500 Millas de Indianápolis tiveron o motor na parte posterior. A revolución iniciada polo pequeno Cooper 500 foi completa.

Unha vez que os fabricantes de automóbiles de Fórmula comezaron a construír coches co motor traseiro, a practica e intelixente construción dos monoplazas de Cooper foi superada pola tecnoloxía máis sofisticada de Lola, Lotus, BRM e Ferrari. A caída do equipo de Cooper acelerouse cando John Cooper resultou gravemente ferido nun accidente de tráfico en 1963 pilotando un Mini bimotor, e coa morte de Charles Cooper en 1964.

Logo da morte do seu pai, John Cooper vendeu o equipo Cooper de Fórmula Un ao Grupo Chipstead Motor en abril de 1965. Eles lograron a súa última vitoria co piloto mexicano Pedro Rodríguez no Gran Premio de Suráfrica de 1967 nun Cooper T81. En total, Cooper participou en 129 carreiras do Campionato Mundial de Fórmula Un en nove anos, gañando 16 carreiras.

Ademais de coches de Fórmula Un, Cooper ofreceu unha serie de coches de Fórmula Júnior. Trátase dos modelos T52, T56, T59 e T67. Ken Tyrrell montou un equipo de moito éxito cos pilotos John Love e Tony Maggs. Tras a desaparición da Fórmula Júnior, Ken Tyrrell probou con Jackie Stewart na Fórmula 3 cun coche Cooper T72. Esta proba no Circuíto de Goodwood marcou o inicio da colaboración que dominou os deportes de motor máis adiante.

En outubro de 2009, Mike Cooper, fillo de John Cooper presntou Cooper Bikes, a división de motos da Cooper Car Company.

Resultados completos en Fórmula 1 de Cooper Car Company (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Puntos Pos. T20T23T21 Bristol BS1 2.0 L6Alta GP 2.5 L4 ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA non nonO Campionato de Construtores non se concede ata 1958. Alan Brown 9 John Barber 8 Adolfo Schwelm Cruz Ret Stirling Moss 9 Ret 6 13 T40 Bristol BS1 2.0 L6 ARX MON 500 BEL NED RU ITA non non Jack Brabham Ret T43 Climax FPF 2.0 L4Climax FPF 1.5 L4 ARX MON 500 FRA RU ALE PES ITA non non Jack Brabham 6 7Unidade compartida Ret 7 Les Leston NSC Mike MacDowel 7 Roy Salvadori 5 Ret Ret T45T44 Climax FPF 2.0 L4Climax FPF 1.5 L4 ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR31 3º Jack Brabham 4 8 Ret 6 6 Ret 7 Ret 11 Roy Salvadori Ret 4 8 11 3 2 9 5 7 Ian Burgess Ret Jack Fairman 8 Bruce McLaren 5 13 T51 Climax FPF 2.5 L4 MON 500 NED FRA RU ALE POR ITA USA40(53) 1º Bruce McLaren 5 5 3 Ret Ret Ret 1 Jack Brabham 1 2 3 1 Ret Ret 3 4 Masten Gregory Ret 3 Ret 7 Ret 2 Giorgio Scarlatti 12 T51T53 Climax FPF 2.5 L4 ARX MON 500 NED BEL FRA RU POR ITA USA48(58) 1º Bruce McLaren 1 2 Ret 2 3 4 2 3 Jack Brabham Ret DSC 1 1 1 1 1 4 Chuck Daigh Ret Ron Flockhart Ret T55T58 Climax FPF 1.5 L4Climax FWMV 1.5 V8 MON NED BEL FRA RU ALE ITA USA 14(18) 4º Bruce McLaren 6 12 Ret 5 8 6 3 4 Jack Brabham Ret 6 Ret Ret 4 NC Ret Ret T60T55 Climax FWMV 1.5 V8Climax FPF 1.5 L4 NED MON BEL FRA RU ALE ITA USA RSA 29(37) 3º Bruce McLaren Ret 1 Ret 4 3 5 3 3 2 Tony Maggs 5 Ret Ret 2 6 9 7 7 3 Timmy Mayer Ret T66 Climax FWMV 1.5 V8 MON BEL NED FRA RU ALE ITA USA MEX RSA 25(26) 5º Bruce McLaren 3 2 Ret 12 Ret Ret 3 11 Ret 4 Tony Maggs 5 7 Ret 2 9 Ret 6 Ret Ret 7 T73T66 Climax FWMV 1.5 V8 MON NED BEL FRA RU ALE AUT ITA USA MEX 16 5º Phil Hill 9 8 Ret 7 6 Ret Ret Ret 9 Bruce McLaren Ret 7 2 6 Ret Ret Ret 2 Ret 7 T77T73 Climax FWMV 1.5 V8 RSA MON BEL FRA RU NED ALE ITA USA MEX145º Bruce McLaren 5 5 3 Ret 10 Ret Ret 5 Ret Ret Jochen Rindt Ret NSC 11 Ret 14 Ret 4 8 6 Ret T81 Maserati 9/F1 3.0 V12 MON BEL FRA RU NED ALE ITA USA MEX 30(35) 3º Richie Ginther Ret 5 Jochen Rindt Ret 2 4 5 Ret 3 4 2 Ret John Surtees Ret Ret Ret 2 Ret 3 1 Chris Amon 8 Moisés Solana Ret T81T81BT86 Maserati 9/F1 3.0 V12Maserati 10/F1 3.0 V12 RSA MON NED BEL FRA RU ALE CAN ITA USA MEX283º Jochen Rindt Ret Ret Ret 4 Ret Ret Ret Ret 4 Ret Pedro Rodríguez 1 5 Ret 9 6 5 8 6 Alan Rees 9 Richard Attwood 10 Jacky Ickx 6 Ret T81BT86T86BT86C Maserati 10/F1 3.0 V12BRM P142 3.0 V12Alfa Romeo T33 3.0 V8 RSA ESP MON BEL NED FRA RU ALE ITA CAN USA MEX 14 7º Brian Redman Ret 3 Ret Ludovico Scarfiotti Ret 4 4 Lucien Bianchi 3 6 Ret Ret NC Ret Ret Vic Elford 4 Ret Ret Ret 5 Ret 8 Johnny Servoz-Gavin Ret Robin Widdows Ret

Outros Resultados de Cooper (Resultados en letra grosa indican pole position; resultados en italica indican volta rápida.) Ano Equipo/s Chasis/ Motor Pneu. Piloto/s 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Horschell Racing Corporation T12 JAP 1.1 V2 RU MON 500 SUI BEL FRA ITA Harry Schell Ret Ecurie Richmond T20 Bristol BS1 2.0 L6 SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA Eric Brandon 8 9 20 13 Alan Brown 5 6 22 15 Leslie D. Hawthorn T20 Bristol BS1 2.0 L6 Mike Hawthorn 4 3 4 Ret AHM Bryde T20 Bristol BS1 2.0 L6 Ret Reg Parnell 7 Ecurie Ecosse T20 Bristol BS1 2.0 L6 David Murray Ret Ken Wharton T23 Bristol BS1 2.0 L6 ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA Ken Wharton Ret Ret 8 7 NC Bob Gerard T23 Bristol BS1 2.0 L6 Bob Gerard 11 Ret Atlantic Stable T24 Alta GP 2.5 L4 Peter Whitehead 9 Ecurie Ecosse T20 Bristol BS1 2.0 L6 Jimmy Stewart Ret R.J. Chase T23 Bristol BS1 2.0 L6 Alan Brown Ret Tony Crook T20 Bristol BS1 2.0 L6 Tony Crook Ret Rodney Nuckey T23 Bristol BS1 2.0 L6 Rodney Nuckey 11 Equipe Anglaise T23 Bristol BS1 2.0 L6 Alan Brown Ret 12 Helmut Glöckler NTS Rob Walker Racing Team T43T45 Climax FPF 2.0 L4 ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE POR ITA MAR Stirling Moss 1 Maurice Trintignant 1 9 8 3 8 Ret Ret Ron Flockhart NSC Scuderia Centro Sud T43 Climax FPF 1.5 L4 Wolfgang Seidel Ret

Notas

Véxase tamén

Bibliografía John Cooper (1977). The Grand Prix Carpetbaggers: The Autobiography of John Cooper. Doubleday. ISBN 0-385-03081-9 Cooper Cars, by Doug Nye, 1983, Osprey Publishing, 2003, Motorbooks International

Ligazóns externas John Cooper Works John Cooper - A Very British Marque, A Very British Man John Cooper: The Man Who Beat Italia Cooper profile at The 500 Owners Association

Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido Categoría:Escuderías campioas do mundo de Fórmula 1 Categoría:Escuderías coas que algún piloto gañou un Campionato Mundial de Fórmula 1