Justice (escrito como Jus†ice) é un dúo francés de música electrónica formado por Gaspard Augé e Xavier de Rosnay. É un dos grupos máis exitosos de Ed Banger Records, e están representados polo propio director do selo, Pedro Winter. Justice é coñecido por incorporar unha forte influencia do rock e do indie na súa música e na súa estética.

Seu álbum de estrea, †, foi publicado en xuño do 2007 coa aclamación da crítica. O disco foi nomeado ao Grammy ao mellor álbum de electrónica/dance. Foi número 16 na lista dos 50 mellores álbums do ano para Pitchfork Media e número 18 na dos 25 mellores discos de 2007 para a revista Blender. Foi nomeado tamén ao Shortlist Prize dese ano. A súa remestura do tema de MGMT "Electric Feel" gañou o Grammy á mellor remestura non clásical en 2009.

En setembro do 2009 anunciouse que Justice pasaría a formar parte de Elektra Records. O grupo comezou a traballar no seu segundo álbum a mediados do 2010. O primeiro sinxelo, "Civilization", editouse o 28 de marzo de 2011 e o disco, Audio, Video, Disco, publicaríase o 24 de outubro dese ano.

Discografía Álbum Ano Selo † 2007 Ed Banger, Because, Vice Audio, Video, Disco 2011 Ed Banger, Because, Elektra Woman 2016 Ed Banger, Because Hyperdrama 2024 Ed Banger, Because

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial MySpace da banda

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de electroclash Categoría:Grupos musicais de french house Categoría:Grupos musicais de nu-disco Categoría:Grupos musicais formados en 2003