miniatura|O transbordador Atlantis engalando durante a misión STS-112. O transbordador espacial Atlantis, designación OV-104 (Orbital Vehicle) é un transbordador espacial retirado que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA.

Características O Atlantis recibiu o seu nome polo principal buque de investigación que tivo o Instituto Oceanográfico Woods Hole de Massachusetts entre 1930 e 1966. Foi o cuarto transbordador operativo (entrou en servizo o 3 de outubro de 1985 na misión STS-51-J) e o último da produción orixinal. Voou por última vez 8 de xullo de 2011, na misión STS-135. Cunha masa baleiro de 68.600 kg e de 77.550 kg cos motores instalados, a construción do Atlantis beneficiouse da experiencia adquirida na montaxe dos transbordadores Columbia e Challenger. Pesaba 3162 kg menos que o Columbia e foi montado na metade de tempo que este.

En outubro de 1992 o Atlantis foi levado a Palmdale, California, para facerlle unha serie de melloras e modificacións, como un paracaídas de freado, novos canos para misións de duración estendida, máis de 800 novas losetas e mantas térmicas, novo illamento para as comportas do tren de aterraxe e modificacións estruturais no chasis. Unha revisión similar tivo lugar entre novembro de 1997 e setembro de 1998 como preparación para as misións cara a Estación Espacial Internacional. Entre os cambios estaba a instalación do sistema de acoplamento e a substitución dos indicadores do panel de control por outros dixitais e modernizados.

A nave era capaz de levar a sete tripulantes a bordo e pasar ata 30 días no espazo despois das últimas melloras.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Transbordador espacial Columbia Transbordador espacial Challenger Transbordador espacial Discovery Transbordador espacial Endeavour Transbordador espacial Enterprise

Categoría:Programa STS