Las Musas del Lérez foi un semanario editado en Pontevedra en 1842.

Historia e características Subtitulado Periódico semanal de literatura, ciencias y artes, apareceu o 14 de agosto de 1842. Considérase a primeira publicación de carácter literario en Pontevedra. Redactado por Manuel Ángel Couto e Antolín Esperón, entre os seus colaboradores estaban Xoán Cuveiro Piñol, Marcial Valladares, Claudio Cuveiro e Leandro Martínez Padín. Cesou a súa publicación en outubro de 1842.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1842 en Galicia