Atlas-Able foi o nome dun foguete espacial derivado do mísil Atlas.

Características O Atlas-Able xurdiu da adición dunha segunda etapa Able a unha primeira Atlas. Só se lanzaron catro foguetes con esta configuración, que se revelou inestable: a estrutura principal do foguete sufría problemas durante o réxime de máxima presión dinámica e producíanse danos na segunda etapa durante a separación. Os catro lanzamentos, dirixidos a poñer sondas do programa Pioneer en traxectoria lunar, terminaron en fracaso.

Dos catro Atlas-Able, o primeiro usou un Atlas C como primeira etapa e os restantes usaron un Atlas D.

Historial de lanzamentos Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 9C 24 de setembro de 1959 Cabo Cañaveral LC-12 Pioneer P1 Fallo Explosión durante un acendido estático. 20D 26 de novembro de 1959 Cabo Cañaveral LC-14 Pioneer P3 Fallo Desintegrado aos 45 segundos de voo debido á perda da cofia. 80D 25 de setembro de 1960 Pioneer P30 Fallo Fallo dunha das etapas superiores do foguete. 91D 15 de decembro de 1960 Pioneer P31 Fallo O foguete perdeu o control e explotou a unha altura de 12.200 m. Último voo dun Atlas-Able.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Atlas

Categoría:Atlas (foguete)