Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi tres veces campioa de Europa (unha ao aire libre e dúas en pista cuberta) e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, así como outros tres bronces nos Campionatos Mundiais de Atletismo en Pista Cuberta.
Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.14th IAAF World Junior Championships Triple Jump women. Results . Proclamouse en 16 ocasións campioa absoluta de España de triplo salto, sete delas ao aire libre e nove en pista cuberta, a primeira en febreiro de 2014, aínda en idade júnior.Ana Peleteiro y Fátima Diame escenifican el cambio de generación del atletismo español en MundoDeportivo.com No Mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou o bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m. No campionato de Europa absoluto de atletismo de 2018 celebrado en Berlín conseguiu a medalla de bronce, a primeira medalla conseguida por un atleta galego nun campionato de Europa.
En 2019 proclamouse por primeira vez campioa de Europa de pista cuberta de triplo salto cunha marca de 14,73 metros, novo récord de España, no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta disputado en Glasgow. Nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 bateu o seu propio récord de España cunha marca de 14,87 m, coa que conseguiu a medalla de bronce, o primeiro metal olímpico da historia do atletismo galego. Tras unha paréntese por maternidade, en 2024 gañou o seu segundo bronce no mundial en pista cuberta e proclamouse por segunda vez campioa de Europa, desta vez ao aire libre, nos campionatos celebrados en Roma. En 2025 sumou en Apeldoorn o seu terceiro ouro europeo e en Nanjing un terceiro bronce mundial. Na actualidade está en posesión de tres récords absolutos de Galicia e dous de España, así como varios máis en categorías inferiores.
Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012, e 2013, pola Real Federación Española de Atletismo. No ano 2012 recibiu o Premio Nacional do Deporte, no 2013 o Premio Príncipe de Asturias (actual Premio Princesa Leonor) e no 2020 a Medalla Castelao.
Traxectoria Primeiros pasos Ana Peleteiro comezou a súa carreira deportiva en Ribeira, da man de María José Martínez Patiño e Carlos Aldán, na Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza,"Del Barbanza a La Alcarria". La Voz de Galicia, 11-8-2018. compaxinando as especialidades de velocidade (50 e 100 metros lisos), salto de lonxitude e triplo salto, adestrada por Abelardo Moure.
En xaneiro de 2010 proclamouse na Coruña campioa galega cadete en pista cuberta de triplo salto e salto de lonxitude, batendo na primeira das disciplinas o récord autonómico cadete, con 11,24 metros. En febreiro proclamouse en Oviedo campioa de España cadete en pista cuberta tanto en triplo salto como en salto de lonxitude, cunhas marcas de 11,46 m e 5,30 m respectivamente. Dous meses despois bateu o récord galego de triplo salto cadete ao aire libre, cunha marca de 12,12 superando en 43 centímetros a anterior marca de 1996. En maio no campionato ao aire libre celebrado no Barco de Valdeorras, proclamouse campioa galega cadete tanto en triplo salto como en salto de lonxitude. Na primeira semana de xuño, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, logrou outro ouro en triplo salto cunha marca de 12,33, novo récord nacional cadete. Unhas semanas despois no Campionato de España cadete ao aire libre só puido ser terceira en triplo salto e cuarta en lonxitude.
Comezou 2011 proclamándose, con 15 anos de idade, campioa galega absoluta de triplo salto e subcampioa en lonxitude, no autonómico celebrado no Pazo dos Deportes de Riazor, resultados que repetiu dúas semanas despois no autonómico xuvenil. En marzo participou en Zaragoza no seu primeiro Campionato de España como xuvenil, conseguindo o ouro en triplo salto e establecendo unha nova marca nacional nesa categoría de idade, con 12,70 metros, 27 centímetros máis que a marca anterior. Ademais, no mesmo certame, gañou a prata no salto de lonxitude, cun salto de 5,68 m. En maio, no nacional de seleccións, superou por primeira vez os 13 metros no triplo salto, establecendo unha nova mellor marca nacional xuvenil, e conseguindo o segundo mellor salto do ano desa categoría en todo o mundo. Volveu superar os 13 metros no nacional ao aire libre, subindo de novo ao máis alto do podio.
En xullo de 2011 disputou o seu primeiro campionato do mundo, en categoría xuvenil. O seu salto de 12,92 permitiulle subir ao terceiro caixón do podio na proba celebrada en Lille. Unhas semanas despois conquistou a medalla de ouro no Festival Olímpico da Mocidade Europea celebrado na cidade turca de Trebisonda. Rematou o ano sendo elixida mellor atleta júnior de España, galardón que repetiu ao ano seguinte, xunto ao de mellor adestrador para Abelardo Moure."Ana Peleteiro y su técnico Abelardo Moure, los mejores del año para el atletismo español". La Voz de Galicia, 28-12-2012.
En xaneiro de 2012 competiu na primeira Copa de Galicia de clubs formando parte do Ría de Ferrol, club asociado a ADT Barbanza, batendo o seu propio récord galego absoluto de triplo salto en pista cuberta, saltando até os 13,20 m, o que significaba 20 cm máis do saltado un ano antes por ela mesma no escenario da Polideportiva de Riazor (A Coruña). Esta marca significaría ademais un novo récord en categoría júnior en España, mellorando os 12,61 m que Vanesa Peñalver lograra en Alacant en 1998, pero Peleteiro aínda non contaba coa idade suficiente para que a marca fose homologable.Ana Peleteiro inicia el año con récord gallego absoluto y júnior en España La Voz de Galicia, 14/01/2013.Vanesa Peñalver. Perfil na web da IAAF. Uns días despois revalidou o seu título absoluto de triplo salto e logrou tamén o de salto de lonxitude no campionato en pista cuberta celebrado no Pazo dos Deportes de Riazor, batendo a súa propia marca de triplo e o récord galego absoluto de lonxitude, que levaba 36 anos en posesión de Ángeles Moinelo. Superou en tres centímetros a marca da antiga atleta do Deportivo da Coruña, deixando o novo récord en 5,87 m. En marzo logrou o campionato galego xuvenil en pista cuberta en ambas disciplinas.
En xullo proclamouse campioa do mundo júnior no campionato celebrado en Barcelona, cun salto de 14,17 metros, unha distancia superior aos 14,10 que clasificaron a Patricia Sarrapio para os Xogos Olímpicos de Londres.
Salto á Blume En febreiro de 2013 disputou a súa primeira competición absoluta, no Campionato de España en pista cuberta en Sabadell, onde logrou a medalla de prata por detrás de Patricia Sarrapio, cun salto de 13,75 m, récord nacional júnior e promesas. Dúas semanas despois participou no Campionato de España júnior en Antequera, obtendo dúas novas medallas, o ouro no triplo salto e o bronce no salto de lonxitude.
En xuño decidiu dedicarse preferentemente ao triplo salto e cambiar de adestrador e de residencia,Ana Peleteiro cambia de entrenador Martí Perarnau, 17 de xuño de 2013. trasladándose a Madrid, ao Centro de Alto Rendemento de Madrid, onde se puxo ás ordes de Juan Carlos Álvarez, aloxándose na Residencia "Joaquín Blume", dependente do Consello Superior de Deportes de España. En xullo proclamouse campioa júnior en Castelló de la Plana e participou no Campionato Europeo Júnior na localidade italiana de Rieti, de onde volveu coa medalla de bronce, cun mellor salto de 13,29.
No campionato de España de atletismo en pista cuberta, celebrado en Sabadell en febreiro de 2014, proclamouse por primeira vez campioa de España absoluta de triplo salto, cun rexistro de 13,91 m, conseguindo nova marca de España júnior.Vídeo coas súas declaracións despois da vitoria (RFEA-Youtube).Ana Peleteiro: «Salió como soñaba, no me lo esperaba». Faro de Vigo, 24-2-2014. En marzo revalidou en Donostia o título de campioa júnior de triplo salto en pista cuberta e sumou o de 60 metros lisos. En xuño en Pontevedra converteuse na campioa galega absoluta dos 100 metros lisos, cun tempo de 11,93 segundos, establecendo un novo récord galego que mantivo durante sete anos, ata que foi superado en 2021 por Adi Iglesias. Uns meses despois gañou tamén o ouro no Campionato de España júnior ao aire libre en Alcobendas.
Decaemento e volta ao primeiro plano miniatura|dereita|Ana Peleteiro saltando no Campionato europeo de atletismo en pista cuberta. Belgrado, 2017. Desde o verán de 2014 Peleteiro sufriu un decaemento deportivo. En Eugene (Oregón), o 5 de xullo de 2014, saltou 13,71 m, quedando clasificada no sexto posto no Mundial júnior. En febreiro de 2015 volveu do campionato de España de categoría promesas de Antequera con dous metais: prata en 60 metros lisos e bronce no triplo salto. Con todo, en agosto proclamouse campioa de España de triplo salto, no Campionato de España celebrado en Castelló de la Plana, o seu primeiro ouro absoluto ao aire libre e ao ano seguinte logrou outro ouro no Campionato de España de atletismo en pista cuberta celebrado en Madrid. A iso uniuse o seu paso por Lisboa, a onde se mudou na primavera de 2016 para preparar a súa participación nos Xogos de Río dese ano, aos que tivo que renunciar por problemas físicos. A etapa portuguesa durou pouco. Meses despois púxose en mans do adestrador cubano Iván Pedroso, e foi vivir a Guadalajara.
En febreiro de 2017 proclamouse por terceira vez campioa de España en pista cuberta, nos campionatos celebrados en Salamanca, e en marzo quedou quinta no Campionato de Europa absoluto de pista cuberta celebrado en Belgrado. En xullo dese ano logrou o ouro no Campionato de España de atletismo en Barcelona e a prata no Campionato de Europa sub-23 celebrado en Bydgoszcz. Un mes despois disputou no Estadio Olímpico de Londres o Campionato do Mundo, logrando o sétimo posto na final, cun salto de 14,23 m.
Bronce europeo, bronce mundial e récord de España No mundial de atletismo en pista cuberta de 2018, disputado en Birmingham, acadou a medalla de bronce en triplo salto cunha distancia de 14,40 m. O bronce de Birmingham e habituarse a estar sempre por riba dos 14 m reflicte todo un cambio de técnica. Tamén ese ano revalidou os dous títulos de campioa de España: en pista cuberta en Valencia cunha marca de 14,22 e ao aire libre en Xetafe con 14,55, batendo a súa mellor marca persoal.
O 11 de agosto de 2018, aos seus 22 anos, obtivo a medalla de bronce no concurso de triplo salto do campionato europeo en Berlín, cun mellor salto de 14,44 m, a un centímetro da prata, que foi para a alemá Kristin Gierisch; o ouro foi para a grega Paraskevi Papachristou, que saltou 14,60 m. A galega estivo en posicións de podio de principio a fin do concurso. Fixo dous moi bos saltos, pero que resultaron nulos. Foi a primeira medalla europea para un atleta galego en toda a historia.
Campioa de Europa miniatura|Co premio Príncipe de Asturias (actualmente Premio Princesa Leonor), outorgado en 2012. Na mañá do 3 de marzo de 2019, no campionato de Europa en pista cuberta, en Glasgow, cun salto de 14,73 m fixo historia no deporte español, alzándose coa medalla de ouro e, ademais, bateu en 9 centímetros o récord de España de triplo salto, en poder de Carlota Castrejana con 14,64 m desde 2007. Ademais en setembro proclamouse de novo campioa de España de triplo salto en La Nucía (Alacant) cun salto de 14,20.
Mundial de Doha