En xeral, un beneficio é aquilo que favorece, que mellora o estado ou a situación dunha persoa ou dunha cousa.
En Economía, beneficio é o diñeiro ou outro ben material que produce unha empresa, un capital, unha operación comercial etc., despois de descontar os gastos. Neste campo podemos falar de: Beneficio económico Beneficio por acción E tamén de: Análise de custo-beneficio Marxe de beneficio En Dereito: Beneficio de división Beneficio de excusión Beneficio de inventario Beneficios penais, mecanismo legal que permite reducir o tempo que un condenado debe pasar na prisión. En Historia e no mundo eclesiástico: Beneficio eclesiástico, cargo que a Igrexa confire canonicamente, ao clero secular, ao que vai anexa unha renda, ás veces sen necesidade de cubrilo persoalmente. As persoas que teñen ese cargo coñécense como beneficiados. En Metalurxia: Beneficio dos metais é como se denomina a operación de obtención dunha maior concentración do metal que a existente na mena do xacemento.
Véxase tamén: Lei de beneficios inversos, en Medicina, principio que di que a relación entre os beneficios e danos dun novo medicamento tende a ser inversa ao esforzo comercial da mercadotecnia para promover a introdución de dito medicamento no mercado.