AVUM (acrónimo de Attitude and Vernier Upper Module) é a cuarta etapa do foguete europeo Vega.
Características AVUM é a cuarta etapa do foguete lixeiro Vega. É a única das catro etapas que funciona con propelente líquido e serve para introducir en órbita con precisión a carga útil. Ten capacidade de reencedido e leva 550 kg de propelente a bordo. O motor principal funciona cunha mestura bipropelente de tetróxido de nitróxeno e UDMH. O control de actitude da etapa é levada a cabo por dos grupos de tres propulsores monopropelente. A etapa tamén leva a bordo o módulo de aviónica do Vega.
Notas
Outros artigos Vega
Categoría:Foguetes espaciais