Ser foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1935 e 1936.
Historia e características Subtitulado Semanario Gallego de Izquierdas apareceu en marzo de 1935. Estaba dirixido por Ramón Suárez Picallo e entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Eduardo Blanco Amor, Plácido Castro, Camilo Díaz Baliño, Francisco Fernández del Riego, Ánxel Fole, Carlos Maside, Lois Peña Novo, Luís Seoane, Antón Villar Ponte e Fernando Barcia Veiras. Analizou as posibles reformas da Constitución da República para atender as propostas das comunidades históricas, as alianzas entre os partidos de esquerda, a situación da CNT e dos sindicatos, o ferrocarril e a universidade.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Claridad
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1935 en Galicia