Last Chaos é un videoxogo de rol multixogador masivo en liña desenvolto por Barunson Game e distribuído por Aeria Games. Ten máis de 300.000 xogadores con servidores en Alemaña, España, Italia, Polonia, Francia e Turquía.

Sinopse O xogo desenvólvese no mundo ficticio de Iris, que, tras o enfrontamento entre os deuses, mergullouse no caos e na destrución. O xogador terá que decidir de que lado loitar: do lado da Luz, apoiando a Apolo, ou unirse ás filas de Eres e destruír a Iris para o seu propio beneficio. Cada acción do xogador deixará unha pegada na historia, desenvolvendo así a trama. O futuro está configurado polas alianzas e as guerras lanzadas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Last Chaos

Categoría:Videoxogos de 2006 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos multixogador