Vilasantán é un lugar da parroquia de Covas no concello lugués de Baralla na comarca dos Ancares. Tiña 36 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,Instituto Nacional de Estadística, dos cales 18 eran homes e 18 eran mulleres. A aldea está regada polo río Neira, mesmo forma un pequeno canón ao seu paso por ela despois do cal comeza o val de Láncara.
Patrimonio Existe un castro co mesmo nome de Vilasantán situado a 604 metros de altitude sobre o nivel do mar. Linda co termo municipal do concello de Láncara e próximo ao regueiro dos Cochos.
Lugares e parroquias Lugares de Covas
Parroquias de Baralla
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla
Categoría:Lugares de Baralla