miniatura|dereita|220px|Figuriña do Galo de Barcelos. A lenda do Galo de Barcelos narra a intervención milagrosa dun galo na proba da inocencia dun home acusado erradamente. Coñecida en Portugal como a "Lenda do Señor do Galo", ten varias versións e forma parte do repertorio medieval e xacobeo de lendas ou hagiografias de aforcados salvados milagrosamente, neste caso vinculadas ao Camiño Portugués a Santiago de Compostela. O relato é similar á lenda de Santo Domingo de la Calzada, sendo a de Barcelos unha versión serodia de case tres séculos da rexistrada no Códice Calixtino.Na exposición citada de Elisabete Muga Rodríguez refírese na páxina 13 que "O milagre do galo asado trasladouse non obstante de Rioxa para Barcelos e foi solemnizado con algúns séculos de separación: «Pode afirmarse, cunha correcta marxe de seguranza, que a transposición do milagre do enforcado, da lenda escrita para o cruceiro, un auténtico libro de pedra, é a ultima das grandes manifestacións xacobeas e de espírito eminentemente medieval. Foi feito fóra do tempo, talvez cun atraso de 3 séculos, mais tampouco sabemos cando, por estas terras do Miño, realmente foi divulgado o milagre do Santo Domingo da Calzada. (ALMEIDA, 2000-2002) " (Tradución do texto orixinal en portugués) O relato escrito máis antigo da versión portuguesa data de 1867, da autoría de Domingos J. Pereira miniatura|Cruceiro de Barcelos. O suceso quedou representado nun cruceiro situado ante o Museo Arqueolóxico de Barcelos. Tamén nomeado Cruceiro do Señor do Galo, a súa data de construción é motivo de polémica: para algúns autores sería do século XIV e para outros de finais do XVII ou principios do XVIII. O monumento atopábase na veciña parroquia de Barceliños, no lugar da Forca Velha a carón dunha forca de pedra de cantería permanentemente levantada que permaneceu en uso até o 26 de xaneiro de 1712.A data e situación orixinal do Cruceiro do Senhor do Galo foi aportada por A. M. Amaral Ribeiro e publicado no libro Noticia Descriptiva da Muito Nobre e Antiga Villa de Barcellos do ano 1866 e posteriormente recollido por Domingos Pereira na súa obra citada Memoria histórica da villa de Barcelos, Barcelinhos e Villa Nova de Fameliçao publicado un ano despois.
Durante o Estado Novo esta lenda foi identificada coa tradición artesanal oleira dos galos de roda que polo menos dende a década de 1930 tiña lugar en Barcelos. Dende entón, ficou asociada como sustento folclórico destas pezas que o réxime de Antonio de Oliveira Salazar popularizou como símbolo turístico do Portugal.«A lenda que o cruceiro do «Señor do Galo», non obstante tamén chamado de 'Barcelos', que nos ilustra, non parou na súa capacidade de orixinar fenómenos culturais. A lenda do cruceiro do Señor do Galo era moi coñecida. Obxectivamente e até 1963, ela non tivo nada que ver, nin xeográfica, nin cronolóxica, nin mentalmente, coa figura do galo cerámico que o turismo lanzara e desenvolveu. Aquel ano, F. Pires de Lima publica un libro sobre A Lenda do Galo de Barcelos e o Milagre do Enforcado (Lisboa, 1963) a que seguiu unha conferencia local, onde o autor ensaiou o estudo comparativo desa narrativa e afirmou a posibilidade de haber unha relación entre o galo da lenda e o da cerámica. Poderá parecer, mais, até ese momento, non había ningunha conexión. Mais bastou para que persoas locais o pasasen a crer e os axentes e guías de turismo o divulguen máis. E o galo que era xa un númen da cidade de Barcelos e tiña unha ascendencia moi curta e até avergoñada por ser un simple fenómeno de cadro da feira de Barcelos e do turismo ficou cunha apetecida orixe relixiosa. E así naceu un mito» (Páxinas 30-31 do citado "O galo de Barcelos. Do Mito, do Símbolo, do Ícone", de Elisabete Muga Rodríguez; tradución do texto orixinal en portugués).
Lenda Un peregrino galego que saía de Barcelos camiño de Santiago de Compostela foi acusado de roubarlle prata a un terratenente e condenárono a morrer na forca. Como última vontade, pediu un encontro co xuíz, que nese momento se preparaba para comer un galo asado. O galego xuroulle que, como proba da súa inocencia, o galo se ía levantar do prato e cantaría. O xuíz empurrou o prato para un lado e ignorouno.
Con todo, cando o home estaba a ser aforcado, o galo levantouse e cantou. O xuíz, comprendendo o seu erro, correu para a forca e descubriu que o galego se salvara grazas a un nó mal feito.Con todo, o relevo esculpido ó pé do cruceiro reflicte a imaxe do peregrino sostido no aire polo apóstolo Santiago, tal como recolle a lenda transcrita no Códice Calixtino (Libro II, cap. V).
De acordo coa lenda, o galego volveu anos máis tarde para esculpir o Cruzeiro do Senhor do Galo, agora no Museu Arqueológico de Barcelos.
Unha lenda semellante explica a orixe das As Burgas de Ourense. Unha moza de Ribadavia estaba namorada dun pegureiro amigo de ermitán Pedro (que era quen levaba as augas quentes desde o monte ata a vila). O mozo rexeitouna por crer que era unha tentación do Demo así que ela, como vinganza, roubou un cáliz na igrexa, púxoo no zurrón do pastor e acusouno de ladrón. Cando atoparon o cáliz no seu poder, apedrárono ata matalo. Cando o ermitán o soubo, alporizouse e marchou de Ribadavia para ir vivir a Ourense, levando consigo as augas quentes que, desde aquela, xorden nesta cidade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Galo de Barcelos, Lenda do Categoría:Símbolos de Portugal Categoría:Lendas xacobeas