Bion 4, tamén coñecido como Kosmos 936, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 3 de agosto de 1977 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 4 foi o cuarto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 224 km de perixeo, 419 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.

Bion 4 levaba a bordo experimentos preparados por científicos de nove países, incluíndo os Estados Unidos, e principalmente tratábase de extensión de experimentos que voaron en Bion 3.

A cápsula regresou o 2 de agosto de 1977, tras 18,6 días de voo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11

Categoría:Bion