Thomas Barlow, nado en 1845 e finado en 10 de xaneiro 1945, foi un médico inglés.

Traxectoria Fillo dun fabricante de algodón de Lancashire, estudou en Manchester e Londres. Gradouse en medicina en 1873 e logo de se doutorar en 1874 entrou no Great Ormond Street Hospital. Entre 1895 e 1907 foi profesor na University College London.

Foi médico real da raíña Vitoria, a quen atendeu na súa morte, e tamén de Duarte VIII e Xurxo V. Describiu a que se denomina enfermidade de Barlow, un tipo de escorbuto infantil que afecta aos nenos alimentados artificialmente.

Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en Lancashire