Armando Vázquez Crespo, nado en Bermés (Lalín) o 4 de maio de 1938, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Comillas e titulado en xornalismo (1967).

En 1959 iniciou en Antena a serie Cousas do Tío Mingos durante sete anos asinando como Harmán do Carrio. Traballou en Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). En 1967 publicou a versión galega dunha selección das fábulas de Esopo, con introdución de Álvaro Cunqueiro e en 1968 a tradución da obra Camiño de Xosemaría Escrivá de Balaguer.

Obras La España ausente, 1971. La Iglesia nace y muere en el Este, 1972. Quién es quién en la Iglesia española, 1978. A Comarca do Deza, 1989 (en colaboración con Daniel González Alén). Lalín, La tierra de Deza, 1991. Silleda, la Tierra de Trasdeza, 1991.

Del Tajo a Somosierra, o el otro Madrid de los pueblos, 1996.

Vila de Cruces. La tierra de Carbia, 2000.

Carboeiro, el arte que renace de sus cenizas, 2001. Madrid, barrio a barrio, de villa a metrópoli, 2001. Feria Internacional Semana Verde de Galicia, 25 años, 2002. Treinta hombres que hicieron Madrid, 2008. Memoria do tempo en Deza, 2009. Unha historia de Bermés, 2017. Vida persoal

Casou con Olga Lázara Liñares, é pai de Adrián Vázquez Lázara.Un 'Míster Europe' dezano en el corazón del continente Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Lalín Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1938