dereita|miniatura|Manuel Gago (esquerda) xunto ao arqueólogo Xurxo Ayán.

Manuel Gago Mariño, nado en Palmeira (Ribeira) o 22 de xuño de 1976, é un xornalista e profesor galego. Traxectoria É doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 presentou a súa tese de doutoramento Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia, cualificada cun sobresaínte cum laude.

Dá clase en calidade de profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, impartindo materias relacionadas co Ciberxornalismo. É membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC. Mantén o que se considera o blog en activo máis vello do blogomillo, Capítulo 0.

Como divulgador cultural dirixe o portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org. Foi comisario da exposición Ao pé do lar (Museo do Pobo Galego, 2010), promovida para o Fórum Gastronómico en Santiago.

Dentro do eido arqueolóxico, participou no equipo de investigación nas escavacións do castro da Lanzada, e promoveu, xunto co arqueólogo Antón Malde, a escavación do complexo de Pena Furada. En 2011 creou o sitio web Patrimonio Galego, e en 2012 promoveu, tamén con Antón Malde, outra escavación arqueolóxica, a da Torre dos Mouros en Lira.Sobre nós na web patrimoniogalego.netO autor páxina biográfica no seu blog Capítulo cero

Obra en galego miniatura|dereita|Manuel Gago dando unha charla no décimo aniversario da Galipedia en 2013. Ensaio Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2012). 2.0 editora. Xunto a Xurxo Ayán. Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega (2026). Morgante. 336 páxs. ISBN 978-84-19040-64-0.

Narrativa Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (2013). Xerais. Con ilustracións de Manel Cráneo. Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia (Edición de campo) (2015). Edicións Xerais. ISBN 978-84-9914-903-5 O anxo negro (2016). Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-9914-985-1. ePub: ISBN 978-84-9914-987-5. O exército do fume (2018). Xerais. 448 páxs. ISBN 978-84-9121-392-5. ePub: ISBN 978-84-9121-394-9. O sangue das pantasmas (2021). Libraría Couceiro. Nus (2021). Xerais. 392 páxs. ISBN 978-84-9121-001-6. ePub: ISBN 978-84-9121-832-6.

Obras colectivas Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002). Lea ed. Con Xosé López García e José Pereira Fariña. Historia das historias de Galicia (2016). Xerais. 408 páxs. ISBN 978-84-9121-001-6.

Obra en castelán Ensaio Sistemas Digitales de Información (Pearson Prentice Hall, 2006). Diseño Periodístico en Internet (UPV, 2007).

Premios

2025: Premio Alfredo Iglesias, que recoñece o labor cultural e o compromiso social.P 2025: Primeiro Premio á Divulgación Científica da USC na modalidade centrada no emprego de formatos emerxentes para atraer novos públicos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura Ligazóns externas Capítulo 0, blog do autor Páxina web do autor patrimoniogalego.net/ Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública sobre O exército do fume. Intervención en LGx15

Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Xornalistas gastronómicos Categoría:Xornalistas de Ribeira Categoría:Blogueiros Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1976