miniatura|O transbordador Challenger engalando. O transbordador espacial Challenger, designación OV-099 (Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Quedou destruído aos 73 segundos da engalaxe durante a súa décima misión, o 28 de xaneiro de 1986.

Características O Challenger foi o segundo transbordador en ser construído e estar operativo. Recibiu o seu nome por un buque de investación da Armada que navegou polos océanos Atlántico e Pacífico durante a década de 1870. Challenger foi tamén o nome do módulo lunar da misión Apollo 17. Voou nove veces antes do accidente no que quedou destruído.

Inicialmente o Challenger foi un modelo de probas de alta precisión denominado STA-099 (Structural Test Article 099). A estrutura foi construída por Rockwell e enviada a Lockheed en abril de 1978 para diversas probas térmicas e de carga durante 11 meses. En xaneiro de 1979 a NASA autorizou a Rockwell a converter o Challenger nunha nave operativa, que pasaría a denominarse OV-099 (Orbital Vehicle 099). O resultado, coa experiencia gañada nas probas e na construción, foi unha nave 1310 kg máis lixeira que o Columbia. Podía levar ata 8 astronautas a bordo e permanecer 30 días en órbita, cunha capacidade de carga útil de 24.990 kg.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Accidente do transbordador espacial Challenger Transbordador espacial Columbia Transbordador espacial Discovery Transbordador espacial Atlantis Transbordador espacial Endeavour Transbordador espacial Enterprise

Categoría:Programa STS