A ornitina é un aminoácido que intervén no ciclo da urea PubChem compound OrnithineChemSpider L-Ornithine. Contén un grupo amino na súa cadea lateral, e non é un aminoácido proteinoxénico, polo que non forma parte das proteínas. A ornitina acumúlase en cantidades anormais no corpo en casos de deficiencia de ornitina transcarbamilase.
No ciclo da urea
A función principal da ornitina no noso corpo é intervir no ciclo da urea, o cal elimina o exceso de nitróxeno do organismo. A L-ornitina é un dos produtos orixinados polo encima arxinase Este encima transforma a L-arxinina (un composto guanidinio) en urea e ornitina. Por tanto, a ornitina é un metabolito central no ciclo da urea. A ornitina recíclase e, en certa maneira, é un catalizador. No ciclo da urea o nitróxeno da ornitina permanece intacto, xa que os nitróxenos que incorpora a urea proceden do carbamoíl fosfato (fosfato-CONH2) e do aspartato.
Biosíntese de arxinina esquerda|miniatura|Lactamización da ornitina. A ornitina non é un dos aminoácido codificados no código xenético, e, por tanto, non está implicada na síntese de proteínas. Porén, nos tecidos non hepáticos dos mamíferos, o principal uso que se lle dá á ornitina é a biosíntese de arxinina, o que fai que a ornitina sexa bastante importante como intermediario dos procesos metabólicos. Crese que non forma parte dos aminoácidos do código xenético porque os polipéptidos que contivesen ornitina desprotexida sufrirían unha lactamización espontánea.
Outras reaccións A ornitina por acción da ornitina descarboxilase (E.C. 4.1.1.17), é o punto de partida para a síntese de poliaminas como a putrescina.
Nas bacterias, como Escherichia coli, a ornitina pode sintetizarse a partir do L-glutamato..
A ornitina é tamén o punto de partida para a biosíntese da cocaína, cando se descarboxila e despois é moi modificada polo citocromo P450.
miniatura|300 px|esquerda|Ciclo da urea. 1 L-ornitina2 carbamoíl fosfato3 L-citrulina4 arxininosuccinato5 fumarato6 L-arxinina7 urea L-Asp L-aspartatoCPS-1 carbamoíl fosfato sintetase IOTC Ornitina transcarbamilaseASS arxininosuccinato sintetaseASL arxininosuccinato liaseARG1 arxinase 1.
Notas
Categoría:Aminoácidos Categoría:Ciclo da urea Categoría:Aminoácidos non proteinoxénicos