Alentejo Central é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Dende 2009 correspóndese por completo ao Distrito de Évora. Limita ao norte coas subrexións de Lezíria do Tejo e Alto Alentejo, ao leste co Estado español, ao sur coas subrexións Baixo Alentejo e Alentejo Litoral, e ao oeste coa Península de Setúbal. Ten unha superficie de 7.227 km², unha poboación estimada de 166.802 habitantes (2011Censos 2011, Instituto Nacional de Estatística e unha densidade de poboación de 23 hab/km².
Concellos Comprende 14 concellos:
Alandroal Arraiolos Borba Estremoz Évora Montemor-o-Novo Mora Mourão Portel Redondo Reguengos de Monsaraz Vendas Novas Viana do Alentejo Vila Viçosa
Os principais núcleos urbanos son as cidades de Évora e Montemor-o-Novo.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas