Jerome David Salinger, nado en Nova York o 1 de xaneiro de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2010<ref>[https://www.nytimes.com/2010/01/29/books/29salinger.html J. D. Salinger, Enigmatic Author, Dies at 91'], The New York Times, 28 de xaneiro de 2010 .</ref>, foi un escritor norteamericano.

Traxectoria De pai xudeu e nai católica irlandesa. Estudou na Academia Militar de Valley Forge, e posteriormente nas Universidades de Nova York e Columbia, mobilizado durante a segunda guerra mundial serviu na mariña, e entrou en combate coa 4ª División de Infantaría, a participación nalgunhas das campañas máis feroces da guerra afectoulle emocionalmente, contou as súas experiencias da guerra en moitos relatos como For Esmé with Love and Squalor.

Comezou a escribir relatos para revistas locais logo de licenciarse do exército en 1945, que foron ben recibidas. A Perfect Day for Bananafish (1949) é o relato máis popular desa época, tamén publicou dous episodios que posteriormente incluíra en The Catcher in the Rye: I'm Crazy e Slight Rebellion.

En 1951 publicou O vixía no centeoTradución de Xosé Ramón Fernández Rodríguez (Xerais, 1990). (en inglés The Catcher in the Rye) a súa primeira e máis famosa novela, orixinalmente foi mal recibida pola crítica e non tivo éxito de vendas, pero máis tarde gañou a aceptación de pública e crítica. Moito da trama da novela ten carácter autobiográfico: presenta a un adolescente, Holden Caulfield, con episodios de paranoia, que escapa da academia onde estuda para volver a Nova York. A novela escrita cun estilo e linguaxe propio dos adolescentes converteuse nun clásico.

Posteriormente Salinger publicou as coleccións de relatos Nove contosTradución de Xosé Antón López Dobao (Sotelo Blanco, 1994) (en inglés Nine Stories) en 1953; Franny e Zooey, en 1961; e Erguede, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución, que apareceron xuntos en 1963, estes últimos protagonizados pola disfuncional familia Glass.

Despois de conseguir fama e notoriedade con O vixía no centeo, Salinger converteuse nun eremita, apartándose do mundo e protexendo ao máximo a súa privacidade. Mudouse de Nova York a Cornish (Nova Hampshire), onde continuou escribindo historias que nunca publicou.

Obras O vixía no centeo (1951) Nove contos (1953) "A Perfect Day for Bananafish" (1948) "Uncle Wiggily in Connecticut" (1948) "Just Before the War with the Eskimos" (1948) "The Laughing Man" (1949) "Down at the Dinghy" (1949) "For Esmé—with Love and Squalor" (1950) "Pretty Mouth and Green My Eyes" (1951) "De Daumier-Smith's Blue Period" (1952) "Teddy" (1953) Franny and Zooey (1961) "Franny" (1955) "Zooey" (1957) Raise High the Roof Beam, Carpenters and Seymour: An Introduction (1963) "Raise High the Roof-Beam, Carpenters" (1955) "Seymour: An Introduction" (1959) Three Early Stories'' (2014) "The Young Folks" (1940) "Go See Eddie" (1940) "Once a Week Won't Kill You" (1944)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Life and Work of J.D. Salinger .

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Contistas