Addicted é o sexto álbum de estudio de Sweetbox e o quinto e último álbum de estudio con Jade Villalon á fronte da formación. Lanzouse o 1 de marzo de 2006 no Xapón e acadou un disco de ouro. A versión coreana inclúe un bonus DVD con cinco actuacións en directo. O álbum significou unha volta os sons dance do álbum Jade ao tempo que incorporaba tendencias máis novas.
Seis dos temas de Addicted compuxéronos Jade e Geo para Ayumi Hamasaki que os reelaborou e traduciu, presentándose aquí coas composicións, letras e melodías vocais orixinais. As versións de Hamasaki apareceron no álbum (Miss)understood. Addicted vendeu 121 397 discos e converteuse no 111 álbum por vendas no Xapón no 2006 ORICON 2006 Yearly Album Ranking Top200.
Temas
# TítuloDuración 1. Graceland 3:37 2. Addicted 2:52 3. Here Comes the Sun 3:09 4. Pride 3:26 5. Bold & Delicious 3:11 6. Every Step 2:48 7. Break Down 3:03 8. Dreams 2:52 9. Ladies Night 3:14 Edición xaponesa Edición europea Edición coreana 10. Vaya con Dios 2:49 10. Beautiful Girl 3:22 10. Beautiful Girl 3:22 11. Beautiful Girl 3:22 11. Over & Over 3:21 11. Over & Over 3:21 12. Over & Over 3:21 12. Million Miles 2:24 12. Million Miles 2:24 13. Happy Tears 3:38 13. Addicted (Boom Boom Remix) 3:29 13. Addicted (Boom Boom Remix) 3:29 14. Million Miles 2:24 14. Addicted (Pot Black Dirty Mix) 3:54 14. Addicted (Pot Black Dirty Mix) 3:54 – The Winner Takes It All 4:33
Notas
Categoría:Álbums musicais de 2006