miniatura|dereita|Busto de Narcís Oller.

Narcís Oller i Moragas, nado en Valls o 10 de agosto de 1846 e finado en Barcelona o 26 de xullo de 1930, foi un escritor catalán. Considérase o creador da novela catalá moderna.

Traxectoria Nado no seo dunha familia burguesa, quedou orfo aos tres anos e foi educado pola nai e o tío materno, quen lle transmitiu a súa afección literaria. Estudou dereito en Barcelona, onde se estableceu definitivamente en 1873, foi funcionario da deputación provincial de Barcelona e procurador dos tribunais.

Aínda que comezou escribindo en castelán, por influencia de Josep Yxart e J. Riera i Bertran converteuse ao catalanismo logo de acudir á celebración dos Jocs Florals de 1877.

Narcís Oller foi basicamente un narrador, destacando polas súas novelas realistas, influenciadas por Émile Zola. Escribiu tamén teatro e traduciu a autores europeos como Pavlovski, Lev Tolstoi, Carlo Goldoni ou Dumas.

Obras Un viaje de placer, 1868 (baixo o alcume de Plácido) Croquis del natural, 1879 La papallona, 1882 L'escanyapobres, 1884 Vilaniu, 1885 La febre d'or, 1890-1892 La bogeria, 1898 Teatre d'aficionats, 1900 Pilar Prim, 1906 Renyines d'enamorats, 1926 (teatro)

Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Valls Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1930