Non chores, Sabeliña é unha zarzuela composta polo lucense Gustavo Freire en 1943 con libreto en galego de Xosé Trapero Pardo. Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal recae no coro.

Historia e características Foi estreada en 1992 nun concerto da Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense no que os papeis principais estiveron interpretados por Noemi Mazoy e Moncho García Otero, malia que hai temas que durante moito tempo formaron parte do repertorio da Banda Municipal de Lugo.

O seu libreto foi o primeiro texto publicado nesta lingua logo da Guerra Civil.

Non chores, Sabeliña vén ser o consello do autor experimentado a unha rapaza nova que sofre temporal mal de amores, sabendo que ao remate todo se aclarará e Sabeliña e o seu namorado comprobarán que o amor verdadeiro triunfa sobre todas as dificultades.

Gravacións A primeira interpretación de Non chores, Sabeliña foi gravada pola Radio Galega en 1992, mais non foi ata 2009 cando se realizou unha gravación fiel á partitura orixinal. Esta última gravación correu por parte da Orquestra de Xove, en colaboración coa Coral Lugh e que tivo o seu xermolo nunha interpretación levada a cabo pola orquestra e a coral en 2006.

Véxase tamén Outros artigos ¡Non máis emigración! O zoqueiro de Vilaboa A lenda de Montelongo

Ligazóns externas

Categoría:Zarzuelas galegas