Ernst Friedrich Wollweber, nado o 29 de outubro de 1898 en Hannoversch-Münden (Baixa Saxonia) e finado o 3 de maio de 1967, foi Ministro de Seguridade Estatal da República Democrática Alemá entre os anos 1953 e 1957.
Membro da Kaiserliche Marine, Armada Imperial Alemá do Segundo Reich, serviu en submarinos durante a primeira guerra mundial. No ano 1918 participa no levantamento de Kiel, de inspiración bolxevique, a cargo da mariña alemá que sería o comezo da Revolución de Novembro e que remataría co derrocamento da Monarquía e o fin da primeira guerra mundial.
Comeza a militar no Partido Comunista de Alemaña no ano 1919, formando parte do seu Comité Central a partir de 1921 e o Secretario Político de Hesse. Tras unha breve detención en 1928 é escollido representante no Parlamento Federal de Prusia, cargo que ocupa ata 1932, e entre ese ano e 1933 no Reichtag.
Tras a vitoria do Nacionalsocialismo exiliase en Leningrado.
Entre os anos 1937 e 1939 participa na chegada a España de armas procedentes da URSS durante a Guerra Civil Española.
En 1940 é detido en Suecia e condenado a tres anos de prisión, pero grazas á súa nacionalidade soviética en lugar de ser deportado á Alemaña Nazi regresou a URSS en 1944.
Tralo fin da segunda guerra mundial regresa a Alemaña para militar no Partido Socialista Unificado de Alemaña. Tras varios cargos na República Democrática Alemá faise cargo no ano 1953 do Ministerio de Seguridade do Estado, a Stasi, substituíndo a Wilhelm Zaisser.
No ano 1957 é obrigado a dimitir do seu cargo tras enfrontamentos con Walter Ulbricht e Erich Honecker, ocupando o seu lugar Erich Mielke. Un ano despois abandona o Comité Central do Partido Socialista Unificado de Alemaña.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Ernst Wollweber
Artigo de El País
Categoría:Comunismo Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Nados na Baixa Saxonia