O Enterro da Sardiña é unha festividade que se celebra en Murcia (España) durante as Festas de Primavera e cuxo acto central é un gran desfile de carrozas que culmina coa queima da sardiña o sábado seguinte á Semana Santa. Está declarada Festa de interese turístico internacional.

Os seus inicios remóntanse ao ano 1851, cando un grupo de estudantes murcianos querían imitar as mascaradas que viran en Madrid.

Durante todo o ano as chamadas agrupacións sardiñeiras fan os preparativos da festa. Dentro destes actos preparatorios as agrupacións nomean cada ano un Gran Peixe e, desde 1988, a unha Dona Sardiña, títulos honoríficos que presiden simbolicamente as celebracións. As agrupacións sardiñeiras en Murcia son: Apolo, Aquiles, Baco, Centauro, Centro Brujo, Ceres, Diana Cazadora, Eros, Hércules, Júpiter, Marte, Mercurio, Momo, Morfeo, Neptuno, Odín, Palas Atenea, Plutón, Polifemo, Saturno, Selene, Ulises e Vulcano.

A semana previa ao gran desfile do sábado realízanse multitude de pequenos desfiles de charangas e actos preparatorios entre os que destacan o testamento e o velorio da sardiña. O desfile do sábado consiste nun desfile mestura de entroido e mitolóxico, no que o principal interese son os xoguetes que reparten desde as carrozas. Unha vez finaliza o desfile, quéimase unha escultura que representa unha gran sardiña. A queima da sardiña prodúcese xunto á Ponte Vella e a continuación unha gran despregadura de fogos artificiais pon fin ás Festas de Primavera.

Gran Peixe e Dona Sardiña

Ano Nomes 1967 Rosendo Lostau Ferrán 1968 Manuel Fraga 1970 Gaspar Masso 1972 José Luis Oltra Moltó 1973 José Luis López Vázquez 1974 Jaime Campmany 1975 Cristóbal Páez 1976 Gabriel Cañadas 1977 Francisco Oliver 1978 Francisco Sabater García 1979 Francisco García Ruíz 1980 Luis Valenciano Gaya 1981 Gustavo Pérez Puig 1982 Ángel Tomás Martín 1983 José Sánchez Gómez 1984 José Manuel Garrido Guzmán 1985 José García Martínez 1986 Manuel Medina Borbón 1987 Manuel Muñoz Barberán 1988 Carlos Egea Krauel e Ana Romero 1989 Ramon Arcas Meca e María José Montesinos 1990 Carlos Collado Mena e Eukene Morcillo Ano Nomes 1991 Félix Martínez Robles e Adelina García 1992 Carlos Valcárcel e Ana de la Cierva 1993 Inocencio Arias e Carmen Castelo 1994 José María Manzanares e Amparo Marzal 1995 Manuel Torres Martínez e Esther Arroyo 1996 Eugenio Galdón Brugarolas e Isabel Silvestre 1997 Pedro Cano Hernández e María José Alarcón 1998 José Ortega Cano e Tati García 1999 José Carreres Alfonso e Cristina Fernández 2000 José Antonio Camacho e María Escario 2001 Pedro Guillén e Eva Pedraza 2002 José Antonio Abellán e Anne Igartiburu 2003 Ernesto Sáenz de Buruaga e Mar Saura 2004 José Manuel Martínez Martínez e Patricia Betancort 2005 J.J. Santos e Elsa Anka 2006 José Antonio Lozano Teruel e María José Besora Villanueva 2007 Jesús Samper e Nieves Barnuevo 2008 Carlos Santos e Marta Valverde 2009 Pepín Liria e Noelia Arroyo 2010 Ángel Martínez e Pepa Aniorte 2011 Antonio Hidalgo e Eva Abril 2012 Patricio Valverde Espín e Ruth Lorenzo

Véxase tamén

Ligazóns externas El Entierro de la Sardina en Región de Murcia Digital Actualidad del Entierro de la Sardina en Especial Fiestas de Primaveras del diario regional La Verdad

Categoría:Murcia Categoría:Festas da Rexión de Murcia Categoría:Festas de interese turístico internacional de España