300px|miniatura|Castro de Baroña, fogar dos barbanzóns. Os Barbanzóns é unha serie de banda deseñada creada no ano 2003 polo debuxante vigués Pepe Carreiro, e publicada pola editorial noiesa Toxosoutos. Os cómics están ambientados na Idade de Ferro, a trama localízase no Castro de Baroña, e os libros describen as aventuras que viven os habitantes do poboado prerromano.
Sobre a semellanza con Astérix e Obélix, Carreiro dixo que, malia que Os Barbanzóns tamén sofren a ameaza dos romanos, esta non é un serie para nenos, e o tipo de humor é totalmente distinto, xa que os personaxes son tratados dende un punto de vista actual.Pepe Carreiro publica un nuevo álbum de 'Os Barbanzóns', artigo de El País.
A serie Os Barbanzóns compleméntase coa serie Os Pequenos Barbanzóns, protagonizada polos mesmos rapaces do castro que aparecen na serie orixinal. Esta serie é máis axeitada para ser lida por nenos menores de 12 anos. Personaxes Os protagonistas son: Tara. É a matriarca do castro, nai de Con, Bre e Lerankos. Con. O fillo máis vello de Tara, afeccionado á guerra, cre que é o xefe do poboado. Guinness. A muller de Con. Nada en Irlanda, foi raptada por Con nunha das súas incursións. Son. Fillo de Con e Guinness, ten inquedanzas políticas e filosóficas. Minu. Fillo cativo de Con e Guinness, irmán de Son. É un bebé. Bre. Filla mediana de Tara, irmá de Con e de Lerankos. É ama de casa. O seu home é Bar. Bar. Home de Bre, procede das montañas orientais da actual Galicia. É afeccionado á troula e ó alcohol. Baal. Filla de Bar e Bre. Banza. É un oso que acompaña sempre a Bar. Gústalle a festa. Lerankos. Fillo de Tara, irmán de Con e Bre. É o druída do castro. O autor dixo dos personaxes: «Son personaxes cómicos, sarcásticos, paródicos; cunha perspectiva nada historicista e que se contaxian, como ocorre no caso de Con, da neurose dos dirixentes políticos reais, como Aznar, Bush e Blair».Toxosoutos convértese en referente da banda deseñada con «Os barbanzóns» , artigo do 3 de xaneiro de 2004 na La Voz de Galicia.
Títulos Os Barbanzóns 1. Baroña ou morte (2003).Información sobre Baroña ou morte. 2. No solpor da prehistoria (2004).Información sobre No solpor da prehistoria. 3. A noite de samaín (2005).Información sobre A noite de samaín. 4. A noite das cacharelas (2010).Información sobre A noite das cacharelas. Os Pequenos Barbanzóns 1. O ladrón de mel (2007).Información sobre O ladrón de mel. 2. Castañas con porco bravo (2007).Información sobre Castañas con porco bravo. 3. Farrapos de seda (2007).Información sobre Farrapos de seda. 4. Peito de lobo (2009).Información sobre Peito de lobo. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Os Barbanzóns na páxina web da Editorial Toxosoutos.
Categoría:Obras de banda deseñada