miniatura|Comarca Bajo Aragón-Caspe/Baix Aragó-Casp Baix Aragó-Casp (Bajo Aragón-Caspe en castelán e oficialmente Bajo Aragón-Caspe/Baix Aragó-CaspDECRETO LEXISLATIVO 2/2006 , de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.) é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Huesca. A capital administrativa é Caspe.

Xeografía Nesta comarca sitúase o encoro de Mequinenza no río Ebro, tamén chamado mar de Aragón polo seu gran tamaño.

Limita ao norte cos Monegros e o Bajo Cinca, ao oeste coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Martín, ao sur co Matarraña e o Bajo Aragón e ao leste coas provincias de Lleida e Tarragona. A comarca forma parte do Bajo Aragón Histórico.

Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2009)(hab.) Densidade(hab./km²) Caspe 503,2 9.728 16,9 Chiprana 39,0 290 8,4 Fabara / Favara 101,6 1.225 12,0 Fayón / Faió 67,2 422 6,4 Maella 174,9 2.027 11,9 Nonaspe / Nonasp 111,4 1.083 9,5 997,3 14.775 13,6

Linguas A comarca é bilingüe. Os municipios de Fabara, Fayón, Maella e Nonaspe son maioritariamente catalanofalantes, municipios que pertencen á chamada Franxa de Poñente. Os municipios de Caspe e Chiprana son castelanofalantes practicamente monolingües.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Comarca Bajo Aragón-Caspe, en comarcaacomarca.com Comarcalización de Aragón, Bajo Aragón-Caspe

Categoría:Comarcas de Aragón