miniatura|dereita|250px|Pingas de auga na cutícula cerosa da folla dunha planta. 500px|miniatura|dereita|Anatomía dunha folla.

A cutícula vexetal é unha capa protectora de composición cerosa que cobre a superficie das plantas e que é producida polas células da epiderme Kolattukudy, PE (1996) Biosynthetic pathways of cutin and waxes, and their sensitivity to environmental stresses. In: Plant Cuticles. Ed. by G. Kerstiens, BIOS Scientific publishers Ltd., Oxford, pp 83-108 das follas, talos novos e outras partes aéreas que carecen de periderme. A cutícula tende a ser máis grosa na face das follas. Aínda que as plantas de climas secos poden ter cutículas grosas, esta non sempre é máis grosa nas plantas xerófitas ca nas mesófitas.

Composición e partes A cutícula forma unha capa insoluble impregnada e cuberta por ceras.Jetter, R, Kunst, L & Samuels, AL (2006) Composition of plant cuticular waxes. In: Riederer, M & Müller, C (2006) Biology of the Plant Cuticle. Blackwell Publishing, 145-181 Está formada por ceras intra e epicuticulares, cutina e cután; estes dous últimos forman unha matriz polimerizada. As ceras epicuticulares son mesturas de compostos alifáticos hidrofóbicos, que son compostos hidrocarbonados de cadeas de 16 a 36 carbonos.Baker, EA (1982) Chemistry and morphology of plant epicuticular waxes. In: Cutler, DF, Alvin, KL and Price, CE The Plant Cuticle. Academic Press, 139-165 A cutina, un polímero poliéster composto por omega hidroxiácidos unidos por enlaces éster e epóxido, é o compoñente mellor coñecido da cutícula.Holloway, PJ (1982) The chemical constitution of plant cutins. In: Cutler, DF, Alvin, KL and Price, CE The Plant Cuticle. Academic Press, pp. 45-85Stark, RE and Tian, S (2006) The cutin biopolymer matrix. In: Riederer, M & Müller, C (2006) Biology of the Plant Cuticle. Blackwell Publishing A cutícula pode tamén conter un polímero insaponificable hidrocarbonado chamado cután, que abunda en plantas de ambientes secos.Tegelaar, EW, et al. (1989) Scope and limitations of several pyrolysis methods in the structural elucidation of a macromolecular plant constituent in the leaf cuticle of Agave americana L., Journal of Analytical and Applied Pyrolysis, 15, 29-54

A cutícula pode subdividirse en: unha capa externa de ceras. unha capa media grosa de cutina impregnada de ceras (a cutícula propiamente dita). Pode haber tamén cután.Jeffree, C. E. 1996. "Structure and ontogeny of plant cuticles". En: Plant cuticles: An Integrated Functional Approach, G. Kerstiens (editor), BIOS Scientific, Oxford, pp. 33-85. unha capa interna formada por cutina e ceras unidas ás substancias da parede celular da cara externa das células epidérmicas, que segregaron os compoñentes cuticulares. Esta última capa ten pectina, celulosa e outros carbohidratos.

Funcións A cutícula das plantas forma parte dunha serie de innovacións, xunto cos estomas, xilema e floema e os espazos intercelulares no talo da planta e no mesofilo das follas, que as plantas desenvolveron na súa evolución hai 450 millóns de anos durante a transición entre a vida na auga e a vida en terra.Raven, J.A. (1977) The evolution of vascular land plants in relation to supracellular transport processes. Advances in Botanical Research, 5, 153-219 En conxunto, estas características permitiron ás plantas explorar os ambientes aéreos conservando a auga facendo que os intercambios de gases se realicen en superficies internas, que están cubertas por capas impermeables, e adquirindo un sistema de apertura variable, os estomas, que regulan a transpiración e os intercambios de gases. Neste sentido a cutícula foi fundamental. </sub>

Ademais da súa función como barreira de permeabilidade para a auga e os gases, a micro e nanoestrutura da cutícula confírelle á superficie das plantas propiedades que impiden a contaminación dos tecidos das plantas coa auga externa, lixo e microorganismos. Moitas plantas, como o loto (Nelumbo nucifera) mostra na cutícula das súas follas propiedades ultrahidrofóbicas e de autolimpeza.Barthlott, W & Neinhuis, C (1997) Purity of the sacred lotus, or escape from contamination in biological surfaces. Planta 202, 1-8 O efecto loto ten usos potenciais na fabricación de meteriais biomiméticos.

A capa cerosa da cutícula tamén funciona como un mecanismo defensivo, formando unha barreira física contra a penetración de virus, bacterias, e esporas ou filamentos en crecemento dos fungos.Freeman, S (2002) Biological Science. Prentice-Hall, Inc., New Jersey Porén, algúns fungos penetran a cutícula por medios mecánicos ou utilizando o encima cutinase.

Notas

Categoría:Botánica Categoría:Histoloxía vexetal