Kosmos 101 (Космос 101 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 21 de decembro de 1965 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 101 foi o cuarto membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o terceiro lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivos para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.
Kosmos 101 foi inxectado nunha órbita inicial de 550 km de apoxeo e 260 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de xullo de 1966.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-P1-Yu
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-Yu