O 6 de abril é o 96º día do ano do calendario gregoriano e o 97º nos anos bisestos. Quedan 269 días para finalizar o ano.
Acontecementos dereita|miniatura|110px|Moai na Illa de Pascua 1652 - Os holandeses establécense no que máis adiante sería a Cidade do Cabo. 1722 - Descuberta, por Jakob Roggeveen, da Illa de Pascua. 1896 - Abertura dos Primeiros Xogos Olímpicos de Verán da Era Moderna, en Atenas. 1917 - Estados Unidos declara a guerra a Alemaña na primeira guerra mundial. 1961 - Declárase monumento histórico a Ponte Maior de Ourense. 1968 - Massiel gaña o Festival de Eurovisión para España con "la, la, la". 1981 - Promulgación do Estatuto de Autonomía de Galiza. 2006 - O Fidac comeza a pagar ao Estado español os 115 millóns de indemnización pola catástrofe do Prestige. 2006 - Os Estados Unidos de América únense á UE e suspende as axudas a Palestina. 2006 - Fomento exclúe a Galicia das liñas de AVE que antes do 2010 entrarán en servizo. 2006 - Bruxelas acusou a España de agacharlle o estado de 77 praias galegas dende 1991.
Nacementos miniatura|100px|Avilés de Taramancos. 1483 - Rafael, pintor e arquitecto italiano. 1732 - José Celestino Mutis, sacerdote, botánico, matemático español (m. 1808. 1820 - Nadar, fotógrafo francés (m. 1910). 1826 - Gustave Moreau, gravador e debuxante francés. 1895 - María Miramontes, activista e intelectual rexionalista galega (m. 1964). 1917 - Leonora Carrington, pintora surrealista e escritora inglesa (m. 2011). 1918 - Amando de Ossorio, director galego de cinema de terror. 1926 - James Watson, biólogo e zoólogo estadounidense (m. en 2025), 1926 - Ian Paisley, político e líder relixioso de Irlanda do Norte. 1928 - James Watson, biólogo e zoólogo estadounidense. 1935 - Antón Avilés de Taramancos, escritor galego (m. 1992). 1944 - Manoel Soto Ferreiro, político galego. 1945 - Muriel Casals, economista catalá. 1949 - Horst Ludwig Störmer, físico alemán. 1954 - Elixio Villaverde García, escritor e historiador galego (m. 2018). 1956 - Claudio Rodríguez Fer, escritor galego. 1963 - Rafael Correa, economista e político ecuatoriano. 1974 - Moncho Iglesias, escritor e tradutor galego.
Mortes miniatura|100px|Durero. 1199 - Ricardo I de Inglaterra, rei de Inglaterra. 1528 - Alberto Durero, pintor alemán. 1945 - Manuel Bares Giráldez, xornalista galego. 1961 - Jules Bordet, médico inmunólogo e microbiólogo belga. 1971 - Igor Stravinskii, compositor ruso. 1992 - Isaac Asimov, escritor estadounidense. 1997 - Francisco González Amadiós, economista e político galego. 2005 - Príncipe Rainiero de Mónaco. 2010 - Anatoli Dobrynin, político soviético (m. 1919).
Festas e celebracións Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz , declarado en 2013 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas Día Mundial da Actividade Física
Outros
Santoral: Santos: Guillermo, abade; Celestino I, papa; Celso, Prudencio, Ireneu, bispos; Platónides, Ciriaca, confesores; Marcelino, Timoteo, Dióxenes, Amando, Macario, Máximo, mártires; Urbano, Xeramaro, abades; Eutiquio, patriarca.
Notas
Os 366 días do ano
06