Miguel Pardo Bazán de Mendoza Castro, nado en Cambados o 5 de agosto de 1784 e finado en 1839, foi un militar e político galego.
Traxectoria miniatura|Probas de limpeza de sangue, 1806.Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do Batallón Literario durante a Guerra de Independencia e acadou o grao de tenente coronel. Presidiu a primeira Xunta de Censura (1810) e formou parte no trienio liberal da Deputación da Coruña. En 1821 asinou unha denuncia contra o goberno pola falta de liberdade de prensa e foi deputado nas Cortes por Pontevedra (1834-1836) e A Coruña (1836-1837). Vida persoal
Casou en setembro de 1821 con Joaquina Mosquera Ribera, nada en 1805, e tiveron cinco fillos: Adelaida (1823); Gonzalo (1824); José (1827, que foi pai de Emilia Pardo Bazán); Demetrio (1829) e Laurenao (1839). O único que sobreviviría ao pai sería José, que herdaría tódolos vínculos e morgados.Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos José Pardo Bazán Mosquera Ligazóns externas Xenealoxía Pardo Bazán, Emilia (liña paterna)
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1839