O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).Placa da Concellería de Patrimonio Histórico do concello.

Historia e descrición Foi promovido polos indianos Manuel Rodríguez Rodríguez e Angelina Bonín que estiveran emigrados en Guayaquil (Ecuador) e construído polo vigués Antonio González Romero.

É unha das obras emblemáticas do eclecticismo de acentos franceses que caracteriza ao ensanche vigués. Mantén na súa composición o repartimento regular de vans e amosa un excelente tratamento granítico cunha espectacular e recargada ornamentación que reflicte a perfección alcanzada polos mestres canteiros locais. Entre os elementos decorativos da fachada aparecen falsas claves, máscaras de rostros monstruosos, frontóns decorados con motivos vexetais enmarcados por arcos, balcóns corridos enmarcados por columnas xónicas e corintias e ménsulas decoradas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casa de Fernando Carreras (edificio na esquina oposta da Rúa Oporto)

Bibliografía Garrido Rodríguez, Jaime; Arquitectura da pedra en Vigo, Construcciones Conde, Vigo, ano 1999, ISBN 84-605-9897-7. Ligazóns externas Concello de Vigo TurGalicia Arquitectura y urbanismo de Vigo .

Categoría:Arquitectura civil en Vigo Categoría:Jenaro de la Fuente Domínguez Categoría:Arquitectura modernista en Galicia