Manuel Pardo Becerra, nado cara a 1834 e finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesano da Adoración Nocturna, da Federación de Sindicatos Agrícolas e vicepresidente de La Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo. Finou en Lugo o 8 de xuño de 1921 aos 86 anos.Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 9-6-1921, p. 1-2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Finados en 1921 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1834