miniatura|right|200px|EzeKiel Kemboi no Campionato do Mundo de 2009. Ezekiel Kemboi Cheboi, nado en Matira o 25 de maio de 1982, é un atleta kenyano especializado na disciplina dos 3.000 metros obstáculos, acadando o título mundial da especialidade nos mundiais de Berlín en 2009 e Daegu en 2011, así como o campionato nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Londres 2012.
Traxectoria
Nado en Matira, cerca de Kapsowar (Distrito de Marakwet. Kemboi graduouse na Boys Secondary School en 1999. Non comezou no atletismo ata que rematou a escol, mais foi descuberto por Paul Ereng e gañou o Campionato Africano Júnior en 2001 a pesar de caer.IAAF, August 24, 2004: Focus on Africa – Ezekiel Kemboi (KEN)
Kemboi converteuse no campión júnior africano en 2001 e 2002, e finalizou segundo nos Xogos da Commonwealth de 2002 por detrás do seu compatriota Stephen Cherono. Ese mesmo ano Kemboi foi orixinalmente cuarto no Campionato Africano de Atletismo, mais posteriormente foi galardoado coa medalla de bronce a causa da suspensión por dopaxe do gañador, o marroquí Brahim Boulami.
No Campionato do mundo de atletismo 2003, Kemboi tivo unha dura batalla co seu antigo compañeiro de equipo Saif Saeed Shaheen (antes Stephen Cherono) que representou ao seu novo país Qatar e acabaría gañando por menos dun segundo. Kemboi gañou a medalla de ouro nos All-Africa Games de 2003.
En ausencia de Shaheen Kemboi erexiuse como o favorito para disputar os Xogos Olímpicos de Atenas. A carreira foi moi acorde coa forma, cos tres Kenyanos Kemboi, Brimin Kipruto e Paul Kipsiele Koech levando o ritmo da segunda volta e deixando pronto aos demais competidores atrás, gañando Kemboi a medalla de ouro 0,3 segundos por diante de Kipruto.
En agosto de 2005 gañou a medalla de prata no Campionato do mundo de atletismo 2005, e en marzo do ano seguinte gañou os Xogos da Commonwealth. No Campionato Africano de Atletismo de 2006 finalizou segundo, mais posteriormente foi descalificado.
Kemboi representou a Kenya nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 mais só puido ser sétimo (a súa peor actuación no escenario mundial). Así e todo o ano seguinte recuperouse gañando o seu primeiro ouro nun mundial, e en 2010 proclamouse subcampión africano.
Adicouse ás carreiras de estrada en Italia en agosto de 2010, superando a Peter Kimeli para gañar a carreira de Corribianco en Bianco,Kemboi and Kalovics win Corribianco road race. IAAF (2010-08-08). Retrieved on 2010-0*-10. logo de tomar os honores nos 8.5-quilómetros Amatrice-Configno.Amatrice: vince Kemboi, 11° Baldini . FIDAL. Retrieved on 2010-08-28.
Gañou a medalla de ouro no Campionato do mundo de atletismo 2011 en Daegu, Corea do Sur.
Kemboi gañou a medalla de ouro para Kenya nos 3.000 metros obstáculos en Londres 2012.http://www.bbc.co.uk/sport/0/olympics/19141802 Olympic athletics: Kemboi wins gold in 3,000m steeplechase Kemboi gañou cun tempo de oito minutos e 18.56 segundos.http://london2012.bbc.co.uk/athletics/event/men-3km-steeplechase/phase=atm033100/index.html Men's 3000m Steeplechase Results
Notas
Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Kenya Categoría:Fondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Nados en 1982 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016