O Décatlon é unha competición de atletismo composta por dez probas, que se disputan en dous días. Nos Xogos Olímpicos, é exclusivamente practicada por homes, figurando por primeira vez no programa en 1904, mentres que as mulleres compiten en héptatlon. Consta das seguintes probas: 1º día 100 metros lisos salto de lonxitude lanzamento de peso salto de altura 400 metros lisos2º día 110 metros obstáculos lanzamento de disco salto con pértega lanzamento de xavelina 1500 metros
Entre proba e proba haberá, cando sexa posíbel, un intervalo de media hora, e dez horas entre a última proba do primeiro día e a primeira do segundo.
O atleta que non intente tomar unha saída ou facer unha tentativa en concursos non poderá continuar, considerándose que abandona a competición.
Os competidores reciben puntos pola súa actuación en cada unha das probas, de acordo cunha táboa elaborada pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) e que periodicamente se modifica, para adaptala á evolución dos récords mundiais.
Historia O décatlon ten a súa orixe no péntatlon dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, introducido nos Xogos do 708 a.C., e foi reintroducido no programa olímpico das Olimpíadas Modernas de 1904 celebradas en Saint Louis, onde competiron sete atletas en representación de Gran Bretaña e dos Estados Unidos.
Estivo ausente na seguinte edición, Londres 1908, e volveu nos Xogos Olímpicos de 1912, en Estocolmo, onde se disputou coa actual configuración, sendo vencedor o americano Jim Thorpe, que mereceu do Rei Gustavo V de Suecia o cualificativo de "maior atleta do mundo", como dende aquela se coñece aos gañadores desta competición.
Sistema de puntos A táboa de puntos IAAF 2001 emprega a seguinte fórmula: Puntos = INT(A*(B-P)C) para eventos de pista. Puntos = INT(A*(P-B)C) para eventos de campo.
A, B e C son parámetros que varían dependendo da disciplina, como reflicte a seguinte táboa, mentres que P é a marca obtida polo atleta, medida en segundos (eventos de pista), metros (lanzamentos), ou centímetros (saltos).
EventoABC100 m25.4347181.81Salto de lonxitude0.143542201.4L. Peso51.391.51.05Salto de altura0.8465751.42400 m1.53775821.81110 metros obstáculos5.7435228.51.92L. Disco12.9141.1Salto con pértega0.27971001.35L. xavelina10.1471.081500 metros0.037684801.85
Notas
Categoría:Atletismo