Acontecementos América 13 de xullo - Ordenanza do rei Filipe II de España, pola que se dan normas legais para o urbanismo das novas cidades a construír en América: prazas e rúas deben seguir un trazado rectilíneo. 15 de novembro, Juan de Garay funda Santa Fe. Fundación da cidade arxentina de Córdoba.
Europa Francis Bacon ingresa no Trinity College de Cambridge. No mes de outubro prodúcese a Batalla de Delft, nesa localidade dos Países Baixos, entre tropas españolas e unha alianza anglo-holandesa.
Arte e cultura Paolo Veronese executa o cadro "Cea na casa de Leví".
Nacementos 10 de xaneiro, Simon Marius, astrónomo alemán. 18 de xaneiro, Ambrosius Bosschaert, pintor holandés. Inigo Jones, arquitecto e escenógrafo británico (m. 1652).
Mortes 7 de xullo - Giacomo Vignola, arquitecto e tratadista arquitectónico italiano (n. 1507).
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1573