El Noticiero Sarriano foi un semanario editado en Sarria entre 1903 e 1904.

Historia e características Subtitulado Semanario literario, de noticias y defensor de los intereses locales, apareceu o 23 de agosto de 1903. Dirixido por Julio Osorio e entre os seus redactores estaban Luis Neira, Matías Vázquez, Mariano Carreras, Manuel Macía e Román Díaz de Freijo. Colaboraron asiduamente Eduardo Lence-Santar, Ramón Castaño e os irmáns José e Manuel Vázquez Pereira. Imprimíase na tipografía de Gerardo Castro. Foi unha publicación de vida efémera que cesou en 1904.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Sarria Categoría:1903 en Galicia