miniatura|Ángela Pumariega navegando en Xixón en 2012. Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de RegatasFicha Páxina do COE onde se poden consular as fichas de tódolos olímpicos ..

Traxectoria Comezou a competir en Vela lixeira con 6 anos e iniciou a súa formación na clase internacional Optimist, pasando logo a Cadet e posteriormente a Snipe. Nesta última clase foi onde comezou a destacar, e foi elixida por Félix Gancedo para os campionatos do mundo e de Europa de categoría máster en 2004.

En 2008, con Carmen Mateo de tripulante quedou sétima no campionato do mundo feminino de Snipe, e con Nuria Lacera gañou a Copa de España desa mesma claseUn inicio de éxito, artigo de El Comercio, do 21/05/2008 ..

Na modalidade Match Race, compartindo tripulación coas galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, foi campioa de España en 2010 e 2011Pumariega revalida el título nacional, artigo de El Comercio do 15/03/2011 ., campioa iberoamericana en 2010Pumariega, campeona iberoamericana Match race, artigo de La Nueva España do 21/09/2010 . e campioa de Europa en 2011Pumariega gana el europeo de Match Race, artigo de El Comercio do 04/07/2011 .. Así mesmo, tamén coas dúas galegas como compañeiras, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 nesta mesma modalidadeAs galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, artigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 ., con barcos da clase Elliott 6m, sendo esta a primeira vez que se introduciu o match race na categoría feminina nuns Xogos.

Notas

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Regatistas olímpicos de España Categoría:Deportistas de Asturias Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas olímpicos en vela Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Nados en Xixón