O pexegueiro (Prunus persica), é unha árbore decidua nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego. O nome da especie, 'persica' refírese a que foi amplamente cultivado en Persia, de onde foi introducido en Europa. Pertence ao xénero Prunus que inclúea cerdeira, ou a ameixeira, da familia das rosáceas. O pexegueiro clasifícase xunto á amendoeira no subxénero Amygdalus, que se distingue dos outros por ter a carabuña (onde fica nas sementes) brugosa.

Pexegos e nectarinas están estreitamente relacionados, malia que comercialmente se vendan coma froitos diferentes. As nectarinas son de feito a mesma especie cós pexegos, mais estes teñen a tona aveludada. Estudos xenéticos demostran que as nectarinas prodúcense por un alelo recesivo, mentres que os pexegos prodúcense polo alelo dominante que dá a tona aveludada.

China é o maior produtor mundial de pexegos e nectarinas . En Galicia véñense cultivando dende antigo como amosa a toponimia: Pexegueiro, aínda que pode que en menor medida ca outras froiteiras como maceiras ou cerdeiras. Pexegueiro é tamén un apelido galego.

Descrición miniatura|left|Flores, sementes, e follas do pexegueiro ilustradas por Otto Wilhelm Thomé (1885). Prunus persica alcanza de 4 a 10 m de alto. As follas son lanceoladas, de 7 a 16 cm de longo e 2 a 3 cm de largo, pinnadas e con veas. As flores agroman a comezos da primavera, solitarias ou en parellas, rosas, con cinco pétalos. O froito ten a carne branca ou amarela, un delicado aroma e a tona aveludada nos pexegos ou lisa e sen pelo nas nectarinas e dependendo do cultivar. A polpa é moi delicada e pode esmagarse con facilidade, mais é bastante firme nalgunhas variedades comerciais, especialmente cando están verdes. A semente é única, grande, pardo avermellada, de forma oval duns 1,3 a 2 cm de longo e arrodeada por unha casca amadeirada. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques son froitas drupas.

Etimoloxía O nome científico persica, ao igual que o nome galego pexego (pêssego en portugués) e os seus equivalentes en moitas linguas europeas (pêche en francés, peach en inglés, préssec en catalán, pesca en italiano), deriva da antiga crenza europea de que o pexego viña de Persia. Os antigos romanos chamábanlle malum persicum, "mazá persa".[Lyle Campbell, Historical Linguistics: An Introduction, 2nd ed. (Cambridge, Mass: MIT Press, 2004): 274.]

Os pexegueiros cultivados divídense dependendo se a carabuña pode ou non desprenderse da polpa con facilidade. Os pexegos de carne branca acostuman ser moi doces e lixeiramente acedos, mentres que os de carne amarela, adoitan combinar o sabor acedo coa dozura, malia que isto pode variar enormemente. A polpa de ambas cores acostuma ter tamén certas partes encarnadas. Os pexegos de carne branca pouco acedos son os máis populares na China, no Xapón e demais países asiáticos, mentres que europeos e norteamericanos prefiren, historicamente, os amarelos algo acedos .

Historia Aínda que o nome botánico Prunus persica se refire a Persia (actual Irán) de onde viría a Europa, estudos xenéticos suxestionan que procede da China,[] onde foi cultivada dende a antigüidade, arredor do 2000 AC. Os pexegueiros foron citados en escritos chineses xa no século X antes de Cristo, considerándose un dos froitos preferidos de reis e emperadores. Nos últimos tempos, a historia do cultivo do pexego foi revisada polo miúdo citando numerosos manuscritos orixinais que se remontan ao 1100 antes de Cristo.

O pexego chegou á India e ao oeste asiático xa na antigüidade. O cultivo do pexego tamén pasou da China a Persia e chegou a Grecia arredor do 300 antes de Cristo. Alexandre o Grande introduciu o froito en Europa despois da conquista dos persas. Os pexegos xa eran ben coñecidos polos romanos no primeiro século despois de Cristo, de feito era moi cultivado na Emilia Romaña. Os pexegueiros aparecen en frescos das domus das vilas destruídas pola erupción do Vesuvio no ano 79 da nosa era, xunto coas máis vellas representacións atopadas polo de agora en dous fragmentos de frescos que se remontan ao primeiro século, en Herculaneum, agora preservados no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles. Roma levou o pexego a Iberia e de aí foi introducido na Gallaecia xa na antigüidade, aínda que non fose o clima máis axeitado para o cultivo deste Prunus en todo o país.

Castela levou o pexego ás Américas no século XVI, e eventualmente ingleses e franceses no século XVII, cando era considerado un luxo prezado. O horticultor George Minifie levou supostamente os primeiros pexegueiros de Inglaterra ás colonias americanas a comezos do século XVII, plantándoos no estado de Virxinia. Aínda que Thomas Jefferson tiña pexegueiros en Monticello, os agricultores estadounidenses non comezaron a comercialización até o século XIX principalmente en Maryland, Delaware, Xeorxia e finalmente en Virxinia

En 2010, un grupo de investigadores da Universidade de Clemson, en Carolina do Sur, anunciaron que decodificaran a secuencia do xenoma do pexegueiro (haploide duplo Lovell).Peach genome completed United Press International, April 2, 2010, Retrieved August 30, 2010Sosinski, Byron et al (2010) Peach Genome Genome Database for Rosacea, Retrieved August 30, 2010

Cultivo miniatura|Unha flor de pexegueiro a ser polinizada por unha abella. Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non todas as zonas do planeta poden dar. Así, en climas tropicais e ecuatoriais como no Ecuador, Colombia, Etiopía, India ou Nepal, medran en zonas altas para ter esas horas de frío.Deciduous Fruit Production - India (see Peach section), FAO United Nations Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30 °C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gomos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gomos comeza a partir dos 15º baixo cero dependendo do cultivar (algúns toleran mellor o frío) e do período de xeadas.Szalay, L., Papp, J., and Szaóbo, Z. (2000). Evaluation of frost tolerance of peach varieties in artificial freezing tests. In: Geibel, M., Fischer, M., and Fischer, C. (eds.). Eucarpia symposium on Fruit Breeding and Genetics. Acta Horticulturae 538. Abstract.

Os típicos cultivares de pexegueiro comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente. Moitos cultivares requiren entre 600 e 1000 horas de frío, cultivares con requirimentos de frío de 250 horas (10 días) ou menos foron desenvolvidas para permitir o cultivo do pexego en zonas máis cálidas. Durante os períodos fríos ocorren na planta reaccións químicas básicas antes de que o vexetal torne a reagromar. Cando remata o período de frío, a planta entra no chamado período de quiescencia, o segundo tipo de dormencia. Durante a quiescencia, os rebentos comezan a se abrir e agoman cando teñen calor de abondo. A quiescencia é a fase de dormencia entre a satisfacción de frío e o comezo do crecemento.

Certos cultivares son máis febles, e outros, porén, aturan mellor o frío. Ademais de todo isto, para a maduración do pexego cómpre ter unha intensa calor no verán, entre 20 e 30 graos mínimas no mes de máis calor. Outro problema é que moitos pexegos medran en lugares con xeadas primaverais. O pexegueiro tende a florecer cedo, polo que as floriñas poden danarse ou incluso morrer por mor das xeadas serodias; especialmente cando as temperaturas baixan dos 4 graos baixo cero a maior parte da flores han morrer. Porén se as flores non abriron completamente poden aturar aínda un par de graos menos.

Cultivares Hai centos de cultivares de pexegueiro e nectarina. Clasifícanse segundo a facilidade que ten a carne de se separar da carabuña. Por exemplo nas pavía, froito da pavieira (Prunus persiva var. vulgarisOs cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004), a polpa está moi pegada á carabuña (o que en inglés se coñece coma clingstones). Os que se separan facilmente da carabuña denomínanse freestones

O cultivo do pexego favoreceu algúns cultivares con máis firmeza, unha cor máis avermellada, e veludo máis curto; características importantes comercialmente. Pola contra estas características non implican que o froito teña máis sabor. Ademais cómpre salientar que o pexego non é un froito que teña unha longa vida postcolleita, polo que foron seleccionados cultivares para poder exportar garantindo a firmeza. Os diferentes países teñen cultivares diferentes.

Plantación miniatura|300px|Secuencia de desenvolvemento dunha nectarina, dende a formación dos rebentos a comezos do inverno até a maduración a mediados do verán. A meirande parte dos pexegueiros de alcouve que venden os viveiros son cultivares enxertados nun porta-enxerto seleccionado, o que fai que mellore a calidade da froita considerabelmente.

Os pexegueiros necesitan localizacións asolladas con correntes de ar para garantir unha temperatura axeitada. Plántanse a comezos do inverno. Durante a etapa de crecemento necesitan regas regulares, con maiores frecuencias antes da colleita.

Os pexegueiros necesitan unha fertilización con maiores unidades de azote ca outras froiteiras. Sen unha fertilización regular, as follas comezan a se tornar amarelas ou diminúe o crecemento. O nitrato amónico de calcio e a axuda de aminoácidos dan bos resultados.

Normalmente se nunha mesma póla hai un gran número de pexegos a madurar, estes ficarán máis miúdos e menos saborosos, polo que os agricultores acostuman tirar flores na primavera para que esta dilución non ocorra.

Os pexegos frescos machúcanse facilmente se non se almacenan de xeito correcto. Son máis saborosos cando se apañan directamente maduros da árbore e se consomen no mesmo día.

Doenzas O pexegueiro tende a ter a doenza fúnxica coa que as follas se tornan engurradas (folla engurrada), que non afecta directamente ao froito, mais reduce a colleita por mor da defoliación. O froito é moi susceptíbel a algúns fungos, coma a podremia parda Monilinia fructicola ou ás manchas avermelladas escuras.

Almacenamento Pexegos e nectarinas deben almacenarse a 0 °C e alta humidade. Son altamente perecedoiros, e normalmente son consumidos ou enlatadas nunha ou dúas semanas após a colleita. Os pexegos son froitos climatéricoshttp://jxb.oxfordjournals.org/content/58/12/3299 e continúan a madurar despois de seren collidos da árbore.

Nectarinas miniatura|upright|Nectarinas brancas, enteira e partida A variedade P. persica var. nucipersica (ou var. nectarina), comunmente chamada nectarina, ten unha pela lisa sen o veludo do pexego, polo que ás veces tense chamado pexego careca, peladillo etc. Como nectarinas e pexegos vense comercialmente coma froitos diferentes, moitas veces tense crido que a nectarina é froito do cruzamento entre pexegos e ameixas, mais son en realidade a mesma especie. Moitos estudos xenéticos conclúen que as nectarinas se producen por mor dun alelo recesivo, mentres que o veludo do pexego correspondería a un alelo dominante.Oregon State University: peaches and nectarines

O mesmo cós pexegos, as nectarinas poden ser brancas ou amarelas, coa carabuña pegada ou solta da polpa. Normalmente a nectarina é un chisco máis miúda e un pouco máis doce ca o pexego. A falla de veludo fai que as nectarinas semellen máis encarnadas cós pexegos, pero á vez, por este motivo machúcanse máis facilmente.