Gallows é unha banda de hadcore punk inglesa procedente de Watford. O grupo formouse no ano 2005 despois da separación da anterior banda do membro fundador Laurent Barnard, My Dad Joe. O çalbum de estrea de Gallows, Orchestra of Wolves, foi distribuído nos Estados Unidos polo selo Epitaph Records, e posteriormente a banda asinou con Warner Bros. Records por 1 millón de libras para 3 discos. O contrato foi retirado tras un único traballo, Grey Britain. O grupo tivo éxito particularmente no seu país, con tres temas nas listas británicas de sinxelos, aparecendo en revistas como Kerrang!, Alternative Press e Rolling Stone.
Discografía Álbum Ano Selo Orchestra of Wolves 2006 In at the Deep End Grey Britain 2009 Warner Bros. Records Gallows 2012 Venn Records Desolation Sounds 2015 Venn Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Hertfordshire Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2005